Rosa Modelo

rosa moledo
Contracultura

Rosa Moledo: "Nunha interpretación son fundamentais as palabras, mais a maneira de dicilas tamén"

Rosa Moledo (Gosolfre, Mazaricos, 1969) leva máis de 30 anos dedicándose á tradución e ao asesoramento lingüístico en producións audiovisuais e teatrais. Este ano recibe o Premio de Honra Dolores Ben, outorgado pola Asociación Galega de Produtoras Independentes (AGAPI) a persoas e institucións.