Sanidade

Martiño Noriega, Antón Gómez-Reino e Eva Solla nunha rolda de prena (Galicia en Común).
Política

Galicia en Común-Anova advirte que se "colapsa" a sanidade será polos "recortes de Feixoo"

O portavoz de Galicia en Común-Anova Mareas, Antón Gómez-Reino, asegurou que a Xunta dedica "4,2%" menos á sanidade nos orzamentos agora que hai once anos. 
Interior dunha farmacia (Europa Press).
Social

Seis positivos en COVID-19 entre as profesionais de farmacia na Galiza

Segundo o balance do Consello Xeral de Colexios Oficiais de Farmacéuticos faleceron oito profesionais deste eido por coronavirus en todo o Estado. 
Centro de Saúde Rosalía de Castro de Vigo (Imaxe: HombredHojalata CC BY-SA 3.0)
SOCIAL

Profesionais da Atención Primaria propoñen contactar preventivamente a pacientes de risco

A Asociación Galega de Medicina Familiar e Comunitaria insta o Sergas a aplicar protocolos claros nos servizos de Atención Primaria e propón que as profesionais contacten con persoas maiores, con patoloxías crónicas ou en situación de risco social.
Eva Solla, Antón Gómez-Reino e Martiño Noriega (En Común-Anova).
Política

Galicia en Común urxe Feixoo a usar os recursos da privada e non seguir "o modelo" de Madrid

Antón Gómez-Reino salienta que a Xunta ten que "pór xa a disposición do ben común as case 2.300 camas e os máis de 2.300 profesionais sanitarios deses 22 centros privados do país".
Aerea_Clinico_larga
SOCIAL

Denuncian a "incapacidade" da Xerencia da Área Sanitaria de Santiago

CIG advirte que, ante a pandemia da COVID-19, “non se está a actuar baixo unhas directrices legais e aplicando as normativas acordadas”.

Traslado residencia de maiores.
Social

Profesionais de residencias piden a Feixoo "sentido común" e non desprazar maiores con coronavirus

A Alianza Galega polos Servizos Públicos para Maiores e Dependentes reclama que "é nas propias residencias onde deben ser atendidos todos os usuarios infectados pola COVID-19 que non precisen hospitalización".
Residencia de Barreiro, en Vigo (DomusVi).
Social

A Xunta "intervén" dúas residencias privadas en Vigo e Cangas polo "elevado" número de usuarias con COVID-19

Estes dous centros convertiranse en dúas residencias integradas, nas que residirán persoas maiores que estean xa contaxiadas, segundo confirma o Goberno galego. Entre as dúas suman 189 positivos por coronavirus.
Gonzalo Caballero (PSdeG).
Política

PSdeG insta a Xunta a "poñer o foco" nas residencias de maiores após máis de 300 contaxios

O líder das socialistas galegas, Gonzalo Caballero, sinala que o Goberno do Estado "acerta" cando "prioriza a saúde" e "paraliza toda a actividade económica". 
Reunión do Centro de Coordinación Operativa (Xoán Crespo/Xunta).
Política

A Xunta reserva un hotel por cidade para aloxar persoal "de servizos esenciais"

"Estas prazas hostaleiras diríxense a persoal sanitario ou de residencias, forzas e corpos de seguridade e outros profesionais cuxo labor é fundamental no estado de alarma", sostivo o vicepresidente galego.
Martiño Noriega, Antón Gómez-Reino e Eva Solla nunha comparecencia (Galicia en Común).
POLÍTICA

Galicia en Común di que "non se entendería" que Feixoo se situase con "Trump", "Johnson" e "Bolsonaro" nesta crise

O portavoz da coalición, Antón Gómez-Reino, demanda que os 22 hospitais privados da Galiza se poñan "de inmediato a disposición do sistema público de saúde". 
A portavoz nacional do BNG, Ana Potón,
Política

BNG aposta por unha solución á crise adaptada á realidade da Galiza: "Non podemos estar agardando por Madrid"

Ana Pontón reclamou a "realización masiva" de test de coronavirus para persoal sanitario e colectivos vulnerábeis, como as persoas maiores e as embarazadas, para as que pide á Xunta un "protocolo" específico nesta crise.

CHUS, en Compostela.
POLÍTICA

A Xunta estuda instalar “hospitais de campaña” en Compostela e na Coruña

O Goberno galego está estudando a posibilidade de instalar “hospitais de campaña” en Compostela e na Coruña.  Tamén podería facelo en Ferrol. Na terza feira, a Xunta dará coñecer a súa decisión.

Centro hospitalario HM A Rosaleda en Santiago de Compostela (Imaxe: HM Hospitais)
POLÍTICA

Máis de 2.200 camas de hospitais privados, sen usar na loita contra a COVID-19

O portavoz de Galicia en Común-Anova Mareas, Antón Gómez-Reino, emprazou o sábado o presidente da Xunta, Alberto Nüñez Feixoo, que poña inmediatamente ao dispor da loita contra o coronavirus “todos os recursos sanitarios privados que hai no país”.

 

Edificio do policlíno de Cíes, sen actividade sanitaria desde 2016 (Imaxe: Hombredhojalata CC BY-SA 2.0)
SOCIAL

Lembran á Xunta que anulou 517 camas só na área de Vigo

O Goberno galego anunciou a procura de estabelecementos hoteleiros para un posíbel traslado de doentes e a asociación en defensa da sanidade pública lembra os centros de Vigo que permanecen sen actividade.
Residencia San Carlos de Celanova en Ourense (Rosa Veiga / Europa Press).
Social

75% das persoas maiores da residencia de Celanova dan positivo en COVID-19

A residencia San Carlos de Celanova é a que ten o maior número de contaxiados en relación co seu tamaño, un total de 43 usuarias con coronavirus.
Reunión do Goberno galego (Xunta).
Política

40 empresas ofrécense á Xunta para fabricar material sanitario na Galiza

O presidente galego informa da compra de 7,4 millóns de máscaras, 625.000 batas de alta protección e 21.920 botellas de solucións desinfectantes após a reunión do Consello da Xunta. 
manifestación diante de Unísono en Vigo (Arquivo).
Traballo

CIG denuncia a "inacción" de Inspección e Xunta ante empresas sen medidas de prevención para as traballadoras

A Unión Comarcal de Vigo da CIG sinala que a Inspección de Traballo e a Dirección Xeral de Saúde Pública da Xunta da Galiza "son cómplices" ao non actuar contra as empresas que "incumpren" as medidas preventivas. 
Alberto Núñez Feixoo e Isabel Díaz Ayuso (Imaxe: Eduardo Parra / Europa Press)
POLÍTICA

Feixoo envía a Madrid material sanitario após criticar a súa falta na Galiza

A Xunta envía 11 respiradores a Madrid en resposta á solicitude do Ministerio de Sanidade e da Comunidade de Madrid perante o colapso na capital do Estado. Núñez Feixoo considera que este material non é preciso agora na Galiza, mais non hai nin cinco días que alarmou sobre a súa carencia no país e a urxencia de telos. 
Máscara FFP.
Social

Os casos asintomáticos de coronavirus revolucionan os protocolos de uso de máscaras

Especialistas en Medicina Preventiva consultadas por Nós Diario apostan porque as profesionais sanitarias leven máscaras no contacto con todas as pacientes.

 

Residencia San Carlos de Celanova en Ourense (Rosa Veiga / Europa Press).
Social

Galiza eleva a 117 afectadas por coronavirus en residencias, 92 maiores e 25 traballadoras

A Consellaría de Política Social informou de dous novos falecementos, un na Residencia San Carlos de Celanova e outro no Fogar Bellolar da Coruña.