Xustiza

Exterior dos xulgados da Coruña. (Foto: Nós Diario).
Agora

O Goberno español crea tres unidades xudiciais na Galiza, dúas na Coruña e unha en Vigo

O Consello de Ministros e Ministras decorrido onte aprobou 70 novas unidades xudiciais correspondentes á programación de 2023, tres das cales se atoparán na Galiza. O Real Decreto que se presentará hoxe crea unha praza de maxistrado para a sección segunda da Audiencia Provincial da Coruña, correspondente á orde penal, e outra para a sección sexta da de Pontevedra, correspondente á orde civil, con sede en Vigo. Ademais, constitúe o xulgado de primeira instancia número 16 da Coruña. No acordo asinado entre PSOE e BNG para a investidura de Pedro Sánchez recolleuse a creación de cinco novos xulgados extraordinarios de violencia de xénero –fóra da programación común– que se incluirán nos orzamentos de 2024.
Marcha contra os eólicos na contorna da Xunta a pasada primavera. (Foto:  Álvaro Ballesteros / Europa Press).
SOCIAL

Entidades sociais esgotarán todas as vías xudiciais contra o espolio eólico

Máis de medio centro de colectivos en defensa do territorio, plataformas veciñais, grupos ecoloxistas e sindicatos, entre outros, asinan un comunicado conxunto no que avogan por continuar co "litixio xudicial fronte ao desenvolvemento eólico e inadecuado" que afecta a numerosas comarcas da Galiza.
Complexo Hospitalario Universitario de Santiago (Foto: Sergas).
Xustiza

O Sergas, condenado a indemnizar con 9.000 euros un paciente polo acceso de forma indebida ao seu historial clínico

O TSXG conclúe que a Administración "non esgotou a investigación á que viña obrigada pola reprobábel actitude do xefe do servizo e da persoa ou persoas que accederon indebidamente ao historial clínico".
Unha muller embarazada traballando nunha oficina. (Foto: Nós Diario)
Xustiza

As embarazadas só poderán cobrar indemnización por despedimento se se proba que sufriron discriminación

O Tribunal Supremo responde o caso dunha traballadora da RFEF cuxo recurso desestima, descartando así que fose despedida por estar embarazada.
Sánchez e Feixoo, hoxe. (Foto: Alberto Ortega / Europa Press)
Xustiza

PSOE e PP acordan iniciar conversas coa mediación da Comisión Europea para renovar o Poder Xudicial

Reformarase a Constitución para eliminar o termo “diminuído”, en alusión ás persoas con diversidade funcional.
Fachada do Tibunal Supremo. (Foto: Alejandro Martínez Vélez / Europa Press)
Xustiza

O Supremo desestima o recurso das vítimas do Alvia que pedía unha nova investigación "imparcial"

A Sala do contencioso-administrativo na súa sentenza estabelece que a regulación actual da citada Comisión de Investigación pola Lei do Sector Ferroviario (Lei 38/2015) garante a súa independencia funcional e que é conforme co dereito da Unión Europea sobre a materia, a Directiva 2016/798.
Carlos Lesmes, presidente até o momento do CXPX. (Foto: Europa Press)
Xustiza

A sentenza do Tribunal Supremo sobre o parque de Corme non afecta a maioría dos eólicos paralizados polo TSXG

A Sala de contencioso-administrativo do Tribunal Supremo (TS) vén de revogar unha sentenza do Tribunal Superior de Xustiza da Galiza (TSXG) que anulaba a autorización administrativa para proceder a repotenciación do parque eólico Corme G-3, no concello de Ponteceso. O auto determina que que non é preciso obter os informes sectoriais dos proxectos antes do trámite de información pública.

O autobús calcinado que atropelou o bombeiro quitándolle a vida (Foto: Álvaro Ballesteros / Europa Press).
SOCIAL

Catro investigados nunha causa por homicidio imprudente dun bombeiro en prácticas atropelado por un bus en Santiago

Os feitos ocorreron o 30 de agosto de 2022 no lugar da Cacharela, na parroquia de Aríns.
Sede da Consellaría de Sanidade en Compostela. (Foto: Nós Diario)
Sanidade

O Sergas é condenado a indemnizar unha muller á que con 24 anos lle foi extirpado o útero por unha diagnose errónea

A prexudicada era unha muller de 24 anos de idade no momento dos feitos, en 2007, cando foi derivada ao CHUS para ser intervida por un suposto tumor no intestino, coa sospeita de que tiña un cancro colorrectal.
O xuíz Manuel García-Castellón en declaracións a RTVE con motivo do 15 aniversario da morte de Miguel Ángel Blanco. (Foto: RTVE)
star
Análise

García-Castellón, peza do 'lawfare'

Fernando Francés Valiño é xornalista.
Sede da Audiencia Provincial da Coruña. (Foto: Nós Diario)
SOCIAL

Un exhibicionista acusado de se masturbar diante de crianzas en Culleredo acorda coa Fiscalía o pagamento dunha multa

Segundo o escrito de cualificación fiscal, sobre as 17.30 horas dese día unha persoa que pasaba pola ponte situada na zona viu como o acusado se atopaba espido de cintura para abaixo masturbándose a unha distancia duns dez metros de onde se atopaban crianzas pequenas e adolescentes.
O condenado por violar a súa filla declara na Audiencia de Pontevedra (Foto: Europa Press).
SOCIAL

Sete anos de prisión para o vigués que recoñeceu ter violado a súa propia filla

Aínda que inicialmente o ministerio público pedía nove anos de cárcere, tras recoñecerse culpábel o home, rebaixou a petición e o tribunal ditou 'in voce' unha sentenza de conformidade, pola que condena ao home a sete anos de cárcere como autor dun delito de agresión sexual na modalidade de violación.
José Manuel Baltar, nos xulgados. (Foto: Eduardo Parra / Europa Press).
Xustiza

Baltar declara finalmente ante o Tribunal Supremo por un delito contra a seguridade viaria

Os feitos remóntanse ao domingo 23 de abril, cando Baltar foi interceptado, segundo o informe definitivo da Garda Civil de Tráfico, a 215 quilómetros por hora na A-52, ao seu paso por Asturianos, ao volante dun coche da Deputación de Ourense. Tres meses despois, Baltar foi elixido senador por designación autonómica a proposta do PP, o pasado 28 de xullo.
Xulgados de Santiago de Compostela. (Foto: Arxina)
Xustiza

Prisión provisional para o detido en Santiago acusado de agredir a súa muller cun coitelo

Segundo as testemuñas, vítima e detido atopábanse na rúa cando chegaron os efectivos policiais. A muller tiña feridas na cara e os brazos e o home portaba un coitelo.
Edificio 'A Terraza', futura sede da Aesia na Coruña. (Foto: Europa Press)
Intelixencia Artificial

A Aesia non se move da Coruña: o Supremo desestima o recurso de Granada

O alto tribunal considera que o Consello de Ministros motivou adecuadamente a súa decisión, polo que non ve vulneración de dereitos.
Fachada do Tibunal Supremo. (Foto: Alejandro Martínez Vélez / Europa Press)
Xustiza

O Supremo pronúnciase: difundir unha soa foto íntima de alguén é suficiente para condena se o obxectivo é "denigrar"

A Sala do Penal, nunha sentencia relatorio do maxistrado Julián Sánchez Melgar, dá a razón á Fiscalía, que recorreu a decisión da Audiencia de Barcelona de absolver o condenado, despois de que recibise esa mesma condena que lle impuxo agora o TS no xulgado do penal onde decaeu o caso en primeira instancia.

O porteiro Álvaro Ratón, durante a súa etapa no Real Zaragoza. (Foto: La Liga)
Xustiza

O futbolista Álvaro Ratón, absolto dunha presunta agresión sexual no Carballiño

É a terceira vez que se somete a xuízo por uns feitos que a denunciante sitúa na noite de San Xoán de 2018. A xuíza considera insuficientes as probas e asegura que non resultou "desvirtuado o principio de presunción de inocencia do procesado".
Xulgados de Vigo. (Foto: Europa Press)
Xustiza

Piden nove anos de cárcere para un vigués acusado de violar unha menor coa que convivía

O fiscal tamén solicita unha orde de afastamento de 300 metros e prohibición de comunicarse coa vítima.
Manifestación o pasado 25 de Novembro en Vigo polo Día Internacional contra a Violencia Machista (Foto: Adrián Irago / Europa Press).
SOCIAL

Aumentan 17% as ordes de protección de vítimas de violencia machista na Galiza

Os xulgados galegos que asumen casos de violencia sobre a muller concederon entre xullo e setembro 355 ordes e medidas de protección e seguridade, 16,8% máis que no mesmo período de 2022.
O ex deputado cupaire David Fernández, nun acto de protesta ás portas da sentenza do 1-0, o 1 de outubro de 2019. (Foto: David Zorrakino / Europa Press)
Catalunya

A Audiencia Nacional ordenou espiar David Fernández con 'Pegasus'

Tanto el como o tamén ex deputado da CUP Quim Arrufat tiveron os móbiles intervidos durante meses pola Garda Civil na causa do Tsunami Democràtic.