Alumnado do CPI de Vilaboa coñece de primeira man as cernas de 'Nós Diario'

Con motivo da Semana da Prensa na Escola, que chega á súa fin, e do Día da Muller Traballadora, a directora de Nós Diario, María Obelleiro, visitou esta quinta feira o Centro Público Integrado (CPI) do Toural de Vilaboa (comarca de Pontevedra), cuxas alumnas e alumnos de Infantil e Primaria coñeceron como se realiza o único diario en papel en galego. O alumnado, que entrevistou a directora, descubriu o proceso de creación de Nós Diario e gozou, sobre todo, cando chegou o momento de cubrir unha portada ficticia con noticias desexadas como "a fin das guerras", "a fin do machismo", "a fin dos eucaliptos", "non haberá máis terremotos como o de Marrocos", "non haberá máis eólicos" ou outras de contido local como "comeza a tempada de furanchos en Vilaboa". 
María Obelleiro, esta quinta feira, con alumnado do CPI O Toural de Vilaboa. (Foto: Nós Diario)
photo_camera María Obelleiro, esta quinta feira, con alumnado do CPI O Toural de Vilaboa. (Foto: Nós Diario)
Comentarios