Moaña (O Morrazo) recibe o diploma que a acredita como Cidade Amiga da Infancia

Moaña (O Morrazo) xa é oficialmente unha "Cidade Amiga da Infancia". A súa alcaldesa, Leticia Santos, recolleu esta quinta feira o diploma que acredita esta vila morracense como tal, nun acto no que participaron, entre outros, a ministra de Xuventude e Infancia, Sira Rego, o secretario xeral da Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP), Luís Martínez-Sicluna Sepúlveda, e o presidente de Unicef –entidade que lidera a iniciativa–, Gustavo Suárez Pertierra. Cidades Amigas da Infancia recoñece as entidades locais que "colocan a infancia no centro da Política e das políticas en todas as áreas da xestión local". Xunto a Moaña recibiron tamén o galardón, entre outros, as cidades de Andoain (Euskadi), Benavites (País Valencià) e Polanco (Cantabria).
María Ángeles Espinosa e Leticia Santos, esta quinta feira. (Foto: Unicef)
photo_camera María Ángeles Espinosa e Leticia Santos, esta quinta feira. (Foto: Unicef)
Comentarios