Coleccionábel de 'Nós Diario'

30 castelos para descubrir o Reino da Galiza

O 14 de outubro arranca un coleccionábel de Nós Diario que non podes perder. Se non es asinante do xornal formaliza a túa subscrición ou reserva no teu quiosco o diario para que non se che escape ningún fascículo.

Algúns dos castelos e torres que recolle a publicación. De esquerda a dereita e de arriba a abaixo, Torre de San Sadurniño (Cambados); Castro Candaz (Chantada); Castro de Ouro (Alfoz); Castelo de Soutomaior; Castelo de Vimianzo e Castelo de Naraío (San Sadurniño).
photo_camera Algúns dos castelos e torres que recolle a publicación. Torre de San Sadurniño (Cambados); Castro Candaz (Chantada); Castro de Ouro (Alfoz); Castelo de Soutomaior; Castelo de Vimianzo e Castelo de Naraío (San Sadurniño).

A partir do vindeiro 14 de outubro, Nós Diario porá a disposición das persoas lectoras un coleccionábel extraordinario: 30 castelos e torres galegas para descubrir un reino, coordinado polo enxeñeiro técnico naval e investigador Héitor Picallo Fontes e coa autoría e asesoramento das estudosas e estudosos máis recoñecidos do ámbito.

A publicación terá 32 entregas de 16 páxinas cada unha, a toda cor, grampada e en gran formato e acompañará o diario de terzas a sextas feiras, desde o día 14 de outubro até o 26 de novembro  É por iso que no referente ao material gráfico se incorporan nos lugares oportunos as necesarias imaxes –históricas e contemporáneas– non só das distintas arquitecturas e detalles delas, senón tamén de sartegos e lápidas medievais.

Moitos deses mausoleos son reproducidos por medio de debuxos arqueolóxicos, para que se valoren con maior detalle as efixies de diversos cabaleiros, damas da nobreza, membros da burguesía etc. Así, conta con tanto protagonismo a imaxe como o texto. Ademais, cada fascículo dispón dos seguintes contidos e características que pasamos a describir.

Todo castelo ou torre medieval conta cunha ficha técnica de localización no territorio na que se informa de aspectos como: denominacións polas que é coñecido o edificio; coordenadas UTM e xeográficas, para que sexa de sinxela identificación no mapa ou localizábel por medios tecnolóxicos; lugar, parroquia, concello e bisbarra en que se atopa; tipo de propiedade (pública ou privada); e se é visitábel ou non.

Tamén se aborda o contexto xeográfico, tendo presente a orografía, a proximidade ou non do mar, os cursos fluviais das inmediacións e, de ser posíbel, as masas de arborado autóctono existentes.

A historia do castelo

Xunto a isto, faise memoria da historia do inmóbel, resaltando os sucesos máis relevantes ou senlleiros do edificio, na bisbarra ou por mor das persoas propietarias. De aí que se teña presente o contexto histórico, os núcleos de poder e control territorial e as liñaxes que ostentaron ese dominio na contorna do edificio.

Así, en cada fascículo a persoa lectora chegará a comprender con facilidade, ademais de acontecementos relevantes, aspectos vencellados coa arquitectura civil e medieval galega e entender como determinados castelos se foron transfigurando noutro tipo de edificios, tamén singulares do noso patrimonio, como son os pazos e casas torre.

Amais do sinalado, descríbese a arquitectura, facendo fincapé nas construcións principais de que dispón, os lugares de residencia e as estruturas adxectivas ou anexas. Outra das seccións ten que ver coa antropoloxía e, por último, inclúese información sobre o que podemos ver pola contorna.

Comentarios