As Bestas, longametraxe de Rodrigo Sorogoyen alzouse co galardón ao mellor filme nos Premios Feroz, en Zaragoza. Con todo, non foi o único filme premiado nesa categoría, xa que o xurado decidiu repartilo entre varias longametraxes.
Pola súa parte, As Bestas tamén saíu triunfadora nos apartados de actor de repartición (Luís Zahera) e música (Oliver Arson).
O filme de Sorogoyen recibe así este galardón após recadar perto de catro millóns de euros e ser vista por máis de 600.000 espectadores en salas de cinema.
Para alén de na Galiza e no Estado español, As Bestas tamén recadou un total de 1,8 millóns de euros en Francia.
Os premios
Os Premios Feroz son galardóns de cine e televisión con sede no Estado español que concede a Asociación de Informadores Cinematográficos de España.
Considéranse unha especie de equivalente aos Globos de Ouro, xa que forman parte da preparación dos Premios Goya, que entrega a Academia Española de Cine.