Estes son os tres colexios premiados pola RAG sobre o Día das Letras Galegas

A RAG entregará os galardóns o próximo 17 de outubro nun acto na Coruña, no cal participarán alumnado e profesorado dos colexios premiados.
O CEIP Juan Fernández Latorre da Coruña (Foto: RAG).
photo_camera O CEIP Juan Fernández Latorre da Coruña (Foto: RAG).

Os colexios Espiñeira-Aldán de Cangas, Juan Fernández Latorre da Coruña e Juan Rey, de Lourenzá son os gañadores da sétima edición do concurso convocado pola Real Academia Galega (RAG) sobre o Día das Letras Galegas.

Segundo informa a institución, os tres centros de ensino presentaron unha "variada proposta de actividades" para achegar á infancia a obra e o legado do protagonista do Día das Letras Galegas 2023, o editor, escritor, activista cultural e académico Francisco Fernández del Riego.

A RAG, engade, entregará os galardóns o próximo 17 de outubro nun acto na Coruña, no cal participarán alumnado e profesorado dos colexios premiados.

Os centros

Respecto a os galardoados, a institución destaca que o CEIP Juan Rey superou "as 80 actividades" ao longo de todo o curso; o colexio Juan Fernández Latorre "implicou a veciñanza" na celebración do Día dás Letras Galegas; e o CEIP Espiñeira-Aldán "animou ao seu alumnado para falar galego".

Comentarios