Lugo liga o repertorio popular de "As cegas de Ouselle" coa olaría tradicional

Samos, Bonxe e Gundivós acollerán as outras actuacións do ciclo no que Aldara Palmeiro, Miguel Lustres e Antón Castro recuperan repertorios das feiras de antano

A deputada Iria Castro con Antón Castro e Hixinio Flores.
photo_camera A deputada Iria Castro con Antón Castro e Hixinio Flores.

A Vicepresidencia da Deputación de Lugo organiza o ciclo de concertos “As cegas de Ouselle”, nos que se recupera o repertorio deste trío feminino que tocaba e cantaba de feira en feira nos anos trinta do século pasado.

Aldara Palmeiro (violín e voz), Miguel Lustres (acordeón e voz) e Antón Castro (zanfona e voz) interpretarán, desde unha perspectiva actual, os romances, cancións e pezas para o baile das coñecidas como cegas de Ouselle, incorporando á posta en escena tamén outros elementos como réplicas dos cartelóns cos que se presentaban nas feiras.

A deputada de Cultura Iria Castro explicou que “os concertos desenvolveranse en emprazamentos relacionados coa olería, ligando así dous elementos do noso patrimonio cultural presentes nas feiras tradicionais” e “contribuíndo a dinamizar os fornos que se conservan nos centros oleiros de Samos, Bonxe e Gundivós”.

 

Actuacións

A primeira actuación será este xoves 29 de febreiro no Vello Cárcere de Lugo (18.30 horas), coincidindo coa inauguración da exposición “Conciencia dunha tradición. Olaría de Mondoñedo, Bonxe, Samos e Gundivós”, que inclúe unha selección de 250 pezas de cerámicas singulares e de uso cotiá na casa galega.

 

Comentarios