COPA DO MUNDO DE FÚTBOL

Bombazo no Mundial: Xamaica deixa fóra o Brasil

A selección caribeña pasa a oitavos de final do Mundial de Australia e Nova Zelandia deixando fóra unha das principais aspirantes ao título. Outra favorita, Italia, tamén foi eliminada no tempo de desconto.
As caribeñas pasan a oitavos. (Foto: Europa Press).
photo_camera As caribeñas pasan a oitavos. (Foto: Europa Press)

A selección de Xamaica deu esta cuarta feira a gran sorpresa no que vai de Mundial de Australia e Nova Zelandia deixando fóra unha das grandes candidatas ao título, o Brasil, dunha rolda de oitavos de final que tampouco pisará Italia, eliminada por un gol no tempo engadido materializado pola sudafricana Thembi Kgatlana.

O combinado brasileiro necesitaba gañar no seu último partido da primeira fase ao caribeño para meterse entre as 16 mellores, pero non puido logralo. Xamaica, que xa fora quen de poñer contra as cordas a outra teórica favorita ao título como é Francia, deixou por terceira vez a súa portería a cero a pesar do asedio dunha canarinha que estivo moi desafortunada nos seus intentos de perforar a meta defendida por Spencer.

Polo tanto, Xamaica, primeira nación do Caribe en pasar a fase de grupos, finalizou segunda dun Grupo 'F' comandado por Francia, que se repuxo a un susto inicial en forma de gol de Panamá (Marta Cox) para acabar goleando por 6-3 , con triplete de Kadidiatou Diani. 

Ademais, no Grupo 'G' tamén houbo bombazo, xa que Italia, cuartofinalista hai catro anos, quedou fóra dos oitavos de final após perder contra Sudáfrica por 3-2 por culpa dun gol no minuto 92.

Comentarios