Contas reúnese esta semana con representantes de entidades locais menores para elaborar un informe de fiscalización

As entidades locais menores, conforme ao disposto no artigo 153 da lei de administración local da Galiza, configúranse como núcleos de poboación separados xeograficamente do que ten a condición de capitalidade do Concello, con características peculiares propias e que se constitúen para a xestión descentralizada dos seus intereses peculiares.
Sede do Consello Galego de Contas en Compostela (Foto: Nós Diario).
photo_camera Sede do Consello Galego de Contas en Compostela. (Foto: Nós Diario)

O conselleiro da área de corporacións locais e na actualidade tamén conselleiro maior do Consello de Contas, Simón Rego, reunirase esta semana in situ cos representantes das nove entidades locais menores que existen na Galiza.

Estas son Berán (Leiro), Arcos da Condesa (Caldas de Reis), Bembrive (Vigo), Camposancos (A Guarda), Chenlo (O Porriño), Morgadáns (Gondomar), Pazos de Reis (Tui), Queimadelos e Vilasobroso (ambas as en Mondariz).

A reunión enmárcase no inicio dos traballos de fiscalización previstos no plan de traballo do Consello de Contas para o exercicio 2023 que inclúe o informe de fiscalización das entidades locais menores da Galiza.

As entidades locais menores, conforme ao disposto no artigo 153 da lei de administración local da Galiza, configúranse como núcleos de poboación separados xeograficamente do que ten a condición de capitalidade do Concello, con características peculiares propias e que se constitúen para a xestión descentralizada dos seus intereses peculiares.

Situación xurídica

Esta actuación, segundo destaca Contas nun comunicado de prensa, busca realizar unha análise da súa situación xurídica e as causas que motivaron a súa constitución -delimitación de competencias e consecución dos obxectivos-, determinar as causas dos incumprimentos da obrigación legal de rendición de contas e de remisión de información e avaliar as principais magnitudes da situación económico-financeira das devanditas entidades e efectuar recomendacións de mellora. A data prevista de finalización dos traballos é o primeiro trimestre do exercicio 2024.

Comentarios