Amnistía Internacional alerta das "carencias" da Xunta da Galiza en políticas de vivenda, sanidade e violencia machista
Lembra o uso "excesivo" da forza policial con balas de goma para disolver unha manifestación do metal en Vigo
Lembra o uso "excesivo" da forza policial con balas de goma para disolver unha manifestación do metal en Vigo
214 concellos galegos carecen de matronas. Segundo os últimos datos achegados polo Instituto Galego de Estatística, referidos a 2023, até 68% dos municipios galegos non dispoñen deste servizo. A Galiza atópase á cola do Estado e dos países da OCDE nesta prestación sanitaria.
O centro de saúde Muras, na comarca da Terra Chá, leva dúas semanas sen asistencia médica. A decisión adoptouse sen que a Xerencia da área sanitaria de Lugo dese ningunha explicación ás autoridades locais. A veciñanza de Muras mobilizouse esta sexta feira para reclamar a volta do servizo nun acto convocado polo Goberno local.
A Atención Primaria galega non conta con ningunha praza de Psicoloxía malia que o 33% das persoas que requiren os servizos da médica ou médico de cabeceira fano por un problema de saúde mental. Neste sentido, os colexios profesionais e os colectivos en defensa da sanidade pública demandan a posta en marcha desta prestación para mellorar a calidade da atención e para reducir as listas de agarda.
O Instituto Galego de Estatística (IGE) vén de facer públicos os datos sobre a asistencia pediátrica na Galiza no ano 2023. As cifras do IGE apuntan que desde 2004 o cadro de persoal de Pediatría en Atención Primaria reduciuse un 19,8%, ficando nese período 85 concellos sen este servizo sanitario.
O Carballiño, Verín e Xinzo saíron onte á rúa en defensa da sanidade.
CIG-Saúde considera que non depende das traballadoras evitalo e exixe a retirada inmediata dos indicadores de demora Primaria dos ADX.