253 concellos galegos carecen de dentista na sanidade pública
A asistencia odontolóxica é moi limitada na sanidade pública. Segundo os datos achegados polo Instituto Galego de Estatística (IGE), 80,9% dos concellos galegos carecen desta prestación. 359.800 cidadás e cidadáns da Galiza carecen de recursos económicos para sufragar esta prestación.
A sanidade galega sitúase á cola do Estado e da UE en profesionais de enfermaría
A Galiza atópase á cola do Estado en persoal de enfermaría. O último informe do Consello Xeral da Enfermaría sinala que só conta con 517 profesionais por cada 100.000 habitantes.
Galiza entra en 2023 con menos profesores que en 2009
A caída do investimento educativo déixase notar na calidade da docencia. A redución de fondos para o ensino está a provocar unha baixada do número de ensinantes. Galiza conta en 2023 con menos profesorado que en 2009.
Milleiros de persoas reclaman en Moaña as urxencias sanitarias
Os recortes na sanidade pública deixan O Salnés en mínimos
SOS Sanidade Pública informa de que a próxima semana o centro de saúde de Vilalonga ficará sen médicos e o Baltar, baixo mínimos en enfermaría.
Crise entre o Colexio de Médicos e a Xunta: expresa o seu "malestar" e o rexeitamento ao feche de centros de saúde e PAC
O Consello Galego de Colexios de Médicos manifestou o seu "máis profundo malestar e rexeitamento" ás declaracións do conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, tras a reunión mantida na tarde da terza feira e desmárcase de "decisións de xestión" que poida adoptar a Xunta "como un eventual fechamento ou reorganización" dos centros de saúde e os puntos de atención continuada (PAC).
46.653 persoas agardan por unha cirurxía na Galiza
46.653 persoas agardan por unha cirurxía no sistema sanitario galego, o que representa 17,3 doentes nesa situación por cada 1.000 habitantes. O número de pacientes en lista de agarda tense incrementado no último ano en perto de 15,4%. Asemade, os tempos de espera xa chegan a 75 días.
Os recortes en Galicia matan
A Xunta convoca menos prazas MIR que as autorizadas polo Goberno estatal
A falla de facultativos déixase notar na calidade asistencial do sistema sanitario galego. Os recortes aplicados polas diferentes Administracións teñen provocado unha redución e un envellecemento nos cadros de persoal.As escasas ofertas de prazas MIR da Xunta teñen agudizado o problema na Galiza.
Feche no IES de Cedeira “contra os recortes” de profesorado
A Plataforma SOS IES Punta Candieira continúa coas mobilizacións e xa reuniu máis de 2.000 sinaturas contra o recorte de docentes no centro por parte da Consellaría de Educación.
A Xunta defende o recorte de docentes no IES Punta Candieira
Centos de persoas maniféstanse en Compostela contra os recortes en Educación: "As aulas están ateigadas"
O PSdeG chama á "contestación social" fronte aos recortes no ensino
O curso escolar dá comezo con 747 prazas docentes sen cubrir
Recortes, improvisación, falta de material... O sindicato maioritario no sector do ensino, a CIG, denuncia o contexto no que deu comezo o curso escolar, nomeadamente o número de prazas docentes vacantes, que cifra en 747. Un número “alarmante”.
As críticas aos recortes marcan o novo curso escolar
con outro nome, o dos "recortes".
Docentes critican os "recortes" no inicio do curso académico e exixen melloras na "atención educativa" ao alumnado
O curso académico 2022-2023 dá comezo esta quinta feira con mobilizacións nos centros educativos do país e diante da sede da Consellaría de Educación en Compostela, unhas protestas contra os recortes anunciadas pola CIG e a Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público. Nesta terza, os sindicatos CCOO e ANPE denunciaron as "deficiencias e recortes" do sistema educativo galego que "promove" a Consellaría de Educación".