tradición

O primeiro concerto da xira será o día 12 de maio, en Vigo. (Foto: SonDeSeu)
CULTURA

SonDeSeu festexa 20 anos de música

A orquestra conmemora o aniversario cunha xira de concertos.
O secadoiro artesá de congro da Pedriña, no ano 2019. (Foto: Pedro García Vidal)
CULTURA

Sanidade paraliza a produción do secado artesán de congro

A produción de congro seco ten máis de seis séculos de historia na Galiza. Sanidade decidiu paralizar o 21 de febreiro o secado ao aire libre argüíndo que non se pode incluír como excepcións a alimentos artesáns, o que derivou nun movemento veciñal en defensa dunha actividade que consideran patrimonio etnolóxico. Os dous secadoiros que se conservan na península están en Muxía, o da Pedriña, ademais, é o único que conserva unha produción totalmente artesá.

O baile e a música tradicional deben ser declarados BIC

Este patrimonio cultural inmaterial é recreado constantemente polas comunidades e grupos en función da súa contorna.
os d'abaixo
CULTURA

Xacobe, Os d´Abaixo: "Para nós, facer música implica algo máis, un compromiso cultural e mesmo político"

Nada ao abeiro do espazo cultural A Gentalha do Pichel, a formación Os d’Abaixo presenta o seu terceiro traballo. Somos a pedra é un disco que se mergulla na música folk e que incorpora por primeira vez temas propios da banda.
Olaia Maneiro, Aida Tarrío e Sabela Maneiro, Tanxugueiras. (Foto: Rocío Cibes)
star
Entrevistas

Tanxugueiras: "Temos unha fe cega na lingua e a cultura galegas"

Os días 26, 27 e 29 de xaneiro o trío que conforman as Tanxugueiras —Aida Tarrío e as irmás Olaia e Sabela Maneiro— competirán no Festival de Benidorm por representar o Estado español en Eurovisión, nunha edición que decorrerá en maio na cidade italiana de Turín. Sermos Galiza conversa con Olaia sobre como afrontan este certame, no que os medios especializados de todo o continente sitúan as artistas galegas entre as favoritas, así como a dimensión que está a cobrar nas últimas datas a súa música. Elas, como di a letra de 'Terra', veñen "para quedar" e abrir o camiño ás novas xeracións.

O Apalpador

Unha ilustración do Apalpador, obra de Leandro lamas.
star
Reportaxes

O Apalpador. Do Courel para a Galiza

Hoxe, 24 de decembro, comeza o tempo no que o Apalpador baixa do Courel para comprobar se as crianzas comeron o suficiente durante o ano. Tamén coñecido como Apalpabarrigas ou Pandigueiro, a cultura arredor do xigante carboeiro parece estar ligada desde sempre á Galiza, mais foi a Gentalha do Pichel quen máis pulou en 2008 por dar visibilidade a esta personaxe, unha das máis descoñecidas e á vez máis queridas da nosa cultura.
Capa de 'Cordas Históricas', de Pancho Álvarez.
star
Discos: 'Cordas Históricas', de Pancho Álvarez

De cando a antigüidade volve estar de moda

Neste Cordas Históricas Pancho Álvarez quixo empregar todos os instrumentos de corda que tiña ao seu alcance, tanto os seus coma outros prestados, e ordenalos nunha secuencia cronolóxica

Ata cando tanto desleixo da Xunta?

Tradición

Unha muller limpa unha lápida no cemiterio de Quintana dos Mortos de Santa María A Nova, en Noia (Foto: Álvaro Ballesteros / Europa Press)
CULTURA

Por que o Día de Defuntos é o 2 de novembro e non o 1?

Hai gran confusión coas datas e pouco axuda a substitución de tradicións propias por campañas comerciais. O antropólogo Rafael Quintía bota luz sobre o calendario e os rituais populares do ciclo de Defuntos, que abrangue todo novembro.

Amigos do Samaín segue a celebrar as tradicións galegas no concello de Cedeira. (Foto: Nós Diario) #lamigueiro #samaín #cedeira
Andrés Lamigueiro é presidente de “Amigos do Samaín”

Andrés Lamigueiro: "Queríamos dar nome e popularizar algo que xa existía na Galiza desde hai tempo"

A asociación Amigos do Samaín de Cedeira xurdiu co obxectivo de organizar o Samaín na concello, ao tempo que preservar as tradicións vencelladas co tempo de defuntos. Naceu da colaboración dos colectivos Chirlateira e Garola, está formada por un grupo de amigos que se reúnen para planificar e levar a cabo distintas actividades, como o tradicional baleirado e tallado de cabazas. O seu presidente é Andrés Lamigueiro, "Lami".
Cabazas de Samaín (Imaxe: Nós Diario)
star
Reportaxes

Samaín: a noite das persoas que estarán sempre

Como cada ano, a chegada do final de outubro e o comezo de novembro traen desde os Estados Unidos de América os ecos do Halloween, unha festividade mercantilizada e despoxada de gran parte da súa orixe irlandesa e bretoa. Cada vez é máis habitual ver como institucións da Galiza pulan pola conmemoración estadounidense, na que a morte é entendida como fonte de terror, no canto das tradicións celtas e galegas, nas que as devanceiras aproveitan a noite do 31 de outubro para reencontrarse coas que seguimos vivas.

Hallomaín?

Jaime Pablo Díaz. Foto: Joerg Letz
star
Nova Galega de Danza

Jaime Pablo Díaz: "A nosa tradición non ten nada que envexarlle á do flamenco"

Jaime Pablo Díaz, creador e director artístico da compañía Nova Galega de Danza, fala con entusiasmo de todo o que ten que ver co baile tradicional. Bailarín en diversas agrupacións de danza tradicional, formouse na Royal Academy of Dance de Londres, na Escola de Danza e Música da Galiza e no conservatorio Profesional de Danza de Madrid. Fusionando os seus coñecementos de clásica e de contemporánea coa tradición galega, naceu a súa compañía, coa que ten presentado a cultura galega por todo o mundo.
Ducias de máscaras e panos colgan dunha varanda en San Andrés de Teixido (Foto: Concello de Cedeira).
SOCIAL

A absurda moda que ameaza Teixido

Noxo e indignación entre a veciñanza ao comprobar como a contorna do santuario de Santo André de Teixido virou nun tendal de máscaras e panos usados.
A organización do encontro, reunido para acordar a suspensión do evento. (Foto: Nós Diario).
CULTURA

Suspendido o XV Encontro de Embarcacións Tradicionais da Galiza

O empeoramento da situación epidemiolóxica por mor da Covid-19 motivou a cancelación do evento que ía ter lugar en Moaña entre o 5 e o 8 de agosto.
Xogo da billarda en Santiago de Compostela. (Foto: Wikimedia).
SOCIAL

Os xogos tradicionais galegos

O verán trae a calma e o tempo necesarios para poder xogar gozando do bo clima en compañía. Os xogos tradicionais galegos, ademais de diversión, recollen unha parte da nosa cultura que cómpre coñecer. A petanca, a billarda, os birlos... son exemplos que pertencen ao patrimonio lúdico galego e que se adoitan practicar no verán. 
A gaiteira Susana Seivane coa súa gaita. (Foto: Nós Diario) #música #gaita #gaiteira #susanaseivane #tradición
star
Caderno de verán 'Máis'

Susana Seivane: "Este verán atopámonos con moito traballo"

A gaiteira recoñece que, polo de agora, non terá vacacións porque o estío reactiva as actuacións malia á Covid-19.
Capa de 'Embruxo', de Baiuca
star
Discos: 'Aire!', de Caamaño e Aimeixeiras, e 'Meigallo', de Baiuca

Só por hoxe, poesía

Aire!, de Caamaño e Aimeixeiras, e Meigallo, de Baiuca, demostran que namestura está o motor que nos fai avanzar.