As resolucións da Xustiza contra as adxudicacións de transporte por estrada uníronse aos problemas xeneralizados neste servizo ao longo dos últimos anos. Dous cuestións vencelladas que provocaron un fondo desgaste na Consellaría de Infraestruturas e Mobilidade liderada por Ethel Vázquez, a máis veterana do Executivo galego, xunto a Alfonso Rueda.
O Instituto Nacional de Estatística (INE) deu a coñecer onte os datos de febreiro do Índice de Prezos de Consumo (IPC). A Galiza continúa por sétimo mes consecutivo cunha maior inflación que o conxunto do Estado español nun mes marcado polo aumento dos prezos no lecer e cultura (1,9%) ademais do transporte (1,6%).
Escollendo como referencia o día de hoxe, o traxecto máis económico entre Santiago de Compostela e Madrid (486 km) sería o realizado a través do Avant e o Alvia, cunha duración de 4.05 horas e un prezo de 56,10 euros.
O BNG cre que é "o momento", a poucos meses de que finalice a prórroga da concesión de bus urbano, de "abrir o debate" sobre a municipalización deste servizo esencial.