Un condutor que que duplicaba a taxa máxima de alcol atropela un corzo á altura de Paradela

Un condutor de 28 anos que duplicaba a taxa de alcoholemia permitida protagonizou un accidente ao atropelar un corzo cando circulaba pola estrada LU-633 ao seu paso polo municipio de Paradela (comarca de Sarria). Segundo informou a Garda Civil, o sinistro tivo lugar na estrada que une os concellos de Pedrafita e Palas de Rei. O condutor sifriu feridas leves, aínda que tivo que ser evacuado ao Hospital Lucus Augusti de Lugo.

O vehículo que atropelou un corzo en Paradela (Foto: Garda Civil).
photo_camera O vehículo que atropelou un corzo en Paradela (Foto: Garda Civil).
Comentarios