#SG109 O PP derruba as axudas á dependencia

O recorte masivo por envío postal en pleno agosto que afecta a máis de 400.000 persoas con dependencias é o tema central deste número 109 que chega na metade de agosto, sen que a redacción de Sermos Galiza se deteña. . Xa na nosa loxa. 

capa 109
photo_camera capa 109

De “demolición controlada” cualifican as organizacións sociais a medida do goberno de PP e iso vese tamén ás claras ao analizar un exemplo concreto, o de Ferrol, poñemos por caso, no que as asociacións de drogodependentes e enfermos con VIH están contra as cordas mentres tamén agoniza o Centro de Orientación Familiar. 

Vintecinco anos despois da revolta que mudou o futuro de Allariz, o seu actual alcalde, participante naqueles acontecementos, lémbranos nunha entrevista de Olalla Rodil o que significou a participación activa da veciñanza no cambio do goberno municipal e a evolución deste concello que deu un xiro recoñecido en todos os ámbito contra é a situación de Compostela que a meses das municipais está a recibir un “desembarco” da Xunta co fin de recuperar para o PP o goberno despois do fiasco de dous alcaldes dimitidos, inhabilitacións e un longo historial xudicial. 

Diversos focos fitan atención na situación internacional, a comezar pola loita popular contra o fascismo en Ucraína, a análise dos efectos do Ébola ou a crónica de como está vivindo Catalunya os meses previos á consulta, un panorama de grande intensidade política.

Como o lecer á fantástico para a lectura, na sección de cultura recuperarmos o primeiro discurso de Manuel Murguía en galego e unha nova entrega de “Un ollo de vidro”, reflexións encol de debuxos de Castelao que neste número asina Mª do Carme García Negro. 

Aos escritores Carme Blanco e Claudio Rodríguez Fer concédenlle o Premio á recuperación da Memoria Histórica da Fundación Alexandre Bóveda e nós achegámonos a súa traxectoria na semana na que se conmemora o Día da Galiza Mártir.

É verán, tempo de actividade cultural e festeira mais o colectivo de artistas atopa os espazos de concertos e teatros ocupado polas “estrelas” de fóra que fan nesta terra o seu agosto. Reclaman espazos para a cultura galega e nós facémonos eco da súa demanda. Se o sol peta, nada mellor que as praias de Carnota, onde nos conduce o colectivo XEA nas “Viaxes na miña terra”. Tamén á crítica chega o tempo vacacional e Mario Regueira achégase ao Libro-CD “Estamos no verán”, de Xoán Curiel e Charo Pita. Para a contra, o actor e moitas máis cousas Rubén Riós que leva no nome artístico o topónimo do seu lugar de orixe, onde esta semana se desenvolve o Festival da das Artes Escénicas do que é director. 

Máis en COMUNIDADE SERMOS
Comentarios