CRÓNICA DE ROCK E OUTRAS LERIAS

Cock Sparrer: Forever

A calquera que lle preguntemos polas bandas pioneiras do punk, seguramente nomeará os Sex Pistols ou os Clash, pero dende o 72, aínda que non gravaron nada até o 78, estaban xa en activo Cock Sparrer,  unha das principais bandas de punk e Oi! da historia que volve hoxe cun disco con temas novos chamado “Forever”.

Forever é unha desas alegrías que a vida che dá de cando en vez sen tan sequera agardalo. Recoñezo que eu non agardaba ter máis material novo da banda e tampouco pesaba que fora preciso. Tras dez anos dende Here We Stand,  o que fora até agora o seu último disco de estudo, a banda non parou de xirar. Para que arriscarse a sacar un disco que igual non gusta e destrúe o nome da banda e din que están acabados? Para que compoñer temas novos se a xente pide os clásicos? A resposta témolas en cada unha das cancións de Forever.

Cock Sparrer leva 45 anos creando e tocando himnos e desta vez no ía ser menos. Este plástico dá un golpe na mesa para lembrar que o punk está máis vivo que nunca e que os vellos punks nunca morren. Dende o festivo One by one que abre o disco e nos incita a cantalo coa xa¡erra de cervexa na man até o We’re the Good Guys que pecha o disco, facemos unha viaxe por 16 temas que nos envolven no espírito do 77 de principio a fin.

Este plástico dá un golpe na mesa para lembrar que o punk está máis vivo

Forever non é, nin moito menos, Shock Troops, pero é que tampouco estamos no 82. Os riffs e as harmonías de moitos dos temas poden traer lembranzas do Where are they now,  ou do England Belongs To Me, aínda que realmente o que fai é lembrar ao son propio que leva acuñando a banda dende hai máis de 4 décadas, sen deixarse levar por modas nin mudar o estilo porque o punk xa non é para xente da súa idade. A frescura deste traballo é tal que se nos din que foi editado no 83 non nos sorprendería.

Non podemos buscar alardes de virtuosismo na execución dos temas, porque para iso temos outros tipos de estilos e de bandas.  Pero si podemos agardar o que imos obter,  o punk ou streetpunk de toda a vida sen concesións. Melodías sinxelas e pegadizas, retrousos cantábeis que piden ser a banda sonora de pubs cervexeiros. Non deixa de ser curioso que este sopro de aire fresco veña dunha banda que celebra este ano o seu 45 aniversario. A min dende logo dáme moito que pensar.

COCK SPARRER NAS REDES

WEB: www.cocksparrer.co.uk

FACEBOOK: https://www.facebook.com/cocksparreruk/

TWITTER: @cocksparrer

LISTAXE DE TEMAS

1. One by One
2. Believe
3. Gonna Be Alright
4. Don't Tell Anyone Anything
5. Family of One
6. Every Step of the Way
7. In My Town
8. Contender
9. Nothing Like You
10. I've Had Enough
11. Somebody's Brother; Somebody's Son
12. Us Against the World
13. Up With This
14. Sons of the New Millennium
15. You Lost the War
16. We're the Good Guys

Comentarios