Fantoches Baj estrean unha montaxe coa poesía de Lois Pereiro

A compañía Fantoches Baj estrea PULP (Poesía Última de Lois Pereiro) en Extramuros, Espazo de colisións artísticas, na Coruña. 

Pulp
photo_camera Pulp

Esta sexta feira ás 21 horas e o sábado 1 de marzo ás 20.30 a compañía Fantoches Baj estrea a súa nova montaxe PULP (Poesía Última de Lois Pereiro), un espectáculo de teatro de obxectos con música ao vivo de Benxa Otero. Será en Extramuros, na Coruña. 

Os dous últimos anos de vida de Lois Pereiro recréanse nesta nova montaxe na que os poemas do autor convértense na narración do final da súa biografía. O hospital a praia de Barrañán, o bar Parrús no Orzzán ou a súa propia casa son os espazos visitados que aparecen designados coas propias letras da frase Poesía última de LP. Alén da composición de Benxa Otero, a banda sonora está composta por pezas privilexiadas no gusto do poeta como as de Pata Negra, Zeca Afonso, Satie, Mahler ou Bach. A montaxe audio-visual súmase á acción músico-poética nun espectáculo no que a obra e a vida de Lois Pereiro son os protagonistas. 


 

Máis en CULTURA
Comentarios