O PSdeG reclama o recoñecemento das confrarías na reforma da política pesqueira común

O PSdeG anuncia diversas iniciativas para reclamar un papel protagonista das confrarías de pescadores na reforma da política pesqueira común (PPC) na que traballa a Comisión Europea
NicolasGonzalezCasares_02
photo_camera Nicolás González Casares nun pleno do Parlamento europeo. (Foto:PSdeG)

O eurodeputado socialista Nicolás González Casares e o deputado galego Julio Abalde acaban de rexistrar cada súa iniciativa no Parlamento europeo e no galego co obxectivo de darlles voz no proceso de reforma política pesqueira común as confrarías de pescadores.

González Casares considera que “as confrarías representan boa parte do tecido social e das comunidades pesqueiras na Galiza e por iso é esencial que sexan consideradas na reforma da PPC, tanto a nivel social como económico”.

O eurodiputado socialista galego destaca que levará esta reivindicación a Bruxelas “para asegurar, que a acuicultura, o marisqueo e a pesca artesanal galegas sexan defendidas nos foros europeos”,

Julio Abalde presentou unha iniciativa no Parlamento da Galiza para pedir o apoio a toda a Cámara para o recoñecemento das confrarías de pescadores como entidades equivalentes ás organizacións de produtos pesqueiros.

Fondos estruturais europeos

Abalde apunta que a consideración das confrarías como entidades homologábeis ás organizacións de produtos pesqueiros permitiría que estas entidades poidan acceder aos fondos estruturais europeos, como o Fondo Europeo Marítimo, de Pesca e da Acuicultura.

"É unha reivindicación histórica das confrarías que Bruxelas recoñeza o seu papel fundamental na xestión pesqueira”, asegurou Abalde quen reclamou que “a Xunta de Galiza debe intensificar os seus esforzos para que poidan acceder aos fondos estruturais da Unión Europea".

Galiza conta con 63 confrarías de pescadores. As mesmas teñen papel clave na xestión pesqueira, na produción , na comercialización e no eido da responsabilidade social.

Comentarios