O BNG critica a Formoso por non xestionar solo industrial e unha residencia de maiores para As Pontes diante de Transición Xusta

O BNG volve reclamar este sábado ao Goberno das Pontes que xestione diante do Instituto de Transición Xusta (ITX),  dependente do Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico (MITECO), solo industrial e unha residencia de maiores para As Pontes.

Central térmica das Pontes, na comarca do Eume (Foto: Raúl Lomba / Europa Press).
photo_camera Central térmica das Pontes, na comarca do Eume (Foto: Raúl Lomba / Europa Press).

O BNG volve reclamar este sábado ao Goberno das Pontes que xestione diante do Instituto de Transición Xusta (ITX),  dependente do Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico (MITECO), solo industrial e unha residencia de maiores para As Pontes.

Os nacionalistas sinalan que o Instituto de Transición Xusta vén de informar do financiamento da construción do Polígono Industrial “La Nava” III Fase, en Puertollano (Castela- A Mancha), cunha achega de 2 millóns de euros sobre un orzamento total de 2,7 millóns.

O chan industrial que se creará será de 220.000 metros cadrados e, segundo informa o propio ITX, con esta actuación Puertollano converterase “na capital da nova enerxía das novas tecnoloxías”

O BNG lembra, tamén, que o Instituto de Transición Xusta financiou “a construción dunha residencia de maiores no concello asturiano de Langreo, cun orzamento de 6 millóns de euros, 116 prazas, e 60 novos postos de traballo”.

A formación nacionalista contrapón a xestión dos Gobernos locais destes municipios á desenvolvida polo alcalde das Pontes, Valentín González Formoso, a quen acusa “dunha chea de propaganda” e de non conseguir “chan industrial nin residencia para maiores”.

Os nacionalistas denuncian que a posta en marcha dunha residencia de maiores é un das grandes propostas electorais de González Formoso. Neste sentido, denuncian que “xa son incontábeis os anuncios feitos polo PSOE, todos sen cumprir, o último o da compra do colexio Pardo Bazán, que realmente non fixeron”.

1,5 millóns para pintar unha rotopala

O BNG lamenta que a petición do Goberno das Pontes ao Instituto de Transición Xusta sexan “1,5 millóns de euros para pintar unha rotopala que lle comprou a Endesa por 300.000 euros, cando a tiña regalada”.

Comentarios