CRÍTICA DE ROCK E OUTRAS LERIAS

Testament: The Brotherhood of the Snake

Testament é unha desas bandas que levan unha carreira chea de traballos espectaculares pero que por algunha razón a fama, o nome e o favor dos críticos van de cara a outras bandas a pesar de facer traballos moito peores. Unha vez máis, a historia repítese. Testament acaba de sacar The Brotherhood of the Snake, un bo disco de Trash Metal, pero as miradas están postas na nos máis que deficientes temas que adianta Metallica do que será o seu novo disco. 

Este novo traballo segue na estela do que foran os seus dous últimos discos trala reunificación da banda, pero cunha mirada ao pasado. Se ben The Formation of Dammation e Dark Roots of Earth, os dous traballos traballos anteriores foron bos traballos, con The Brotherhood Of The Snake conságranse como referentes principais do Trash xunto con Anthrax, Megadeth e Slayer, converténdose estes para min nos novos Big Four.

O primeiro que chama a atención deste disco é que a nivel técnico conta con unha produción impecable, todo soa no seu sitio e cos niveis precisos, cousa que é de agradecer. E para comprobalo nada mellor que escoitar Brotherhood of the Snake, tema homónimo que abre o plástico e que é unha descarga potente e salvaxe de trash metal, que nos anticipa o que nos agarda nos 45 minutos do LP. The Pale King segue na estela da calidade, esta vez xogando cos tempos que permite xogar a atopar a canción dentro da canción, mais o mellor está por chegar. Stronghold é un dos mellores temas do disco. Testament en estado puro que demostran que seguen estando en forma tanto de xeito compositivo como interpretativo.

The Pale King segue na estela da calidade, esta vez xogando cos tempos que permite xogar a atopar a canción dentro da canción, mais o mellor está por chegar

Seven Seals vén repleto de riffs contundentes e un retrouso ao máis puro estilo da banda. Nada que ver con Born in a Rut, que deambula por terreos mais escuros nun medio tempo inquedante, facendo de contrapunto a Centuries of Suffering, un temazo que parece sacado da época do Legacy. Un tema rápido, salvaxe, sucio e practicamente espectacular que, xunto con Black Jack e Stronghold, conforma o mellor deste disco, sen que iso signifique que o resto son malos temas.

Neptune’s Spear destaca polos seus solos e as súas harmonías cruzadas de fácil escoita e que tan sinxelas parecen de facer que nelas agochan a súa complexidade. Canna-Bussines afonda na escuridade vocal, pero con certas doses melódicas tendo en conta as dotes vogais e estilísticas de Chuck Billy. The Number Game foi o tema elixido para pechar o disco. Pode que este sexa o máis frouxo dos que forman este Brotherhood of the Snake e que chega a facerse un pouco pesado na escoita.

Testament volven a demostrar unha vez máis que o trash segue a estar ten vixente hoxe coma nos oitenta e que lle queda moito camiño de vida. Escoitar The Brotherhood of the Snake lembra a discos como The Legacy  ou The Formation of Dammation, onde Testament, lonxe de repetirse, mellóranse cos anos.

TESTAMENT NAS REDES

WEB: http://www.testamentlegions.com/

FACEBOOK: http://www.facebook.com/testamentlegions

TWITTER: @testamentband

LISTAXE DE TEMAS

01. Brotherhood Of The Snake

02. The Pale King

03. Stronghold

04. Seven Seals

05. Born In A Rut

06. Centuries Of Suffering

07. Neptune's Spear

08. Black Jack

09. Canna-Business

10. The Number Game

Máis en CULTURA
Comentarios