O BNG da Coruña pide explicacións ao delegado do goberno pola carga policial contra seareiros deportivistas

A concelleira Avia Veira solicita unha xuntanza con Santiago Villanueva para que este dea “as explicacións oportunas”.

[Imaxe: @natiogal]

A concelleira do BNG na Coruña, Avia Veira, vén de solicitar unha reunión co delegado do goberno español na Galiza, Santiago Villanueva, para instarlle a que dea as “explicacións oportunas” sobre a “brutal carga” policial que a policía española protagonizou contra seareiros deportivistas este sábado.

Os nacionalistas seguran que a actuación policial ás portas do Hotel onde estaba concentrado o Deportivo produciuse “sen que mediase ningún incidente”. Alegan que nas imaxes da TVG e en diversos vídeos pode obsrvarse como non hai nada que xiustifique unha carga. “A Policía Nacional cargou sen que mediase ningún incidente o que provocou que resultasen feridas algunhas persoas e mais tamén unha avalancha de xente que fuxía da agresión policial polo que entendemos que o delegado do Goberno en Galiza, como responsábel da actuación deste corpo, debe dar explicacións”

Fontes consultadas por Sermos Galiza indicaron naquela altura que todo transcorría con normalidade até que, de súpeto, a Policía comezou a cargar contra os seareiros e seareiras. A propia Federación de Peñas do Deportivo aludiu o acontecido o sábado como un “ataque da Policía”. Segundo recolle La Opinión, citando fontes da Federación, a carga comezou cando os xogadores comezaron a saudar os afeccionados.

Comentarios