DéPOR-GETAFE (0-2)

O Dépor complícase ao perder fronte ao Getafe

Os coruñeses perden diante do Getafe na casa por 0-2. Aínda que depende de si mesmo para manterse en Primeira División, o calendario das dúas últimas xornadas non lle favorecen.

[Imaxe: RCDC] Luis Alberto celebra un gol
photo_camera [Imaxe: RCDC] Luis Alberto celebra un gol noutro partido

O Deportivo perdeu unha ocasión de ouro para asegurar a súa permanencia na Primeira División. Fíxoo diante dun rival frouxo, no que a priori era o partido máis favorábel dos tres que restaban no calendario.

Nos primeiros minutos de partido apreciouse un lixeiro dominio por parte do Dépor. O primeiro en avisar foi Luis Alberto. Despois chegaron novas ocasións, sobre todo cando a pelota daba nos pés de Fede Cartabia. Porén, aos poucos o Getafe foi atopando o balón e non decaeu.

Nunha contra chegaba o primeiro gol do Getafe, asinado por Pedro León. Este tanto condicionou o segundo tempo. O Deportivo non soubo repoñerse e apenas creou perigo. Cando faltaban 26 minutos para o final, Borges, cunha entrada mal medida, deixou os coruñeses con dez.

A partir da expulsión do branquiazul, o Dépor veuse máis abaixo e o Getafe aproveitou a ocasión e aproveitou un córner para sentenciar o partido a falta de 5 minutos para o final.

Na próxima xornada, o Dépor xoga contra o Vilarreal fóra e na derradeira xornada mídese contra o Madrid na casa.

RC Deportivo: Manu Fernández, Laure (Juanfran, min. 61), Arribas, Sidnei, Fernando Navarro (Oriol Riera, min. 86), Fede Cartabia, Pedro Mosquera, Borges, Fayçal Fajr (Cani, min. 61), Luis Alberto e Lucas.

Getafe CF: Guaita, Miguel Ángel (Cala, min. 70), Vergini, Vigaray, Damián Suárez, Lacen, Pedro León, Moi Gómez, Medrán (Juan Rodríguez, min. 80), Sarabia e Álvaro Vázquez (Stefan Scepovic, min. 57).

Goles: 0-1 Pedro León (min. 41); 0-2 Vigaray (min. 85).

Árbitro: Clos Gómez (c. aragonés). Expulsou Borges por dupla amarela (min. 64). Amoestou Borges (min. 19), Lacen (min. 20), Sarabia (min. 27), Vigaray (min. 50), Cala (min. 72), Medrán (min. 73), Fernando Navarro (min. 75) e Moi Gómez (min. 93).

Comentarios