O Dépor sofre a peor derrota da súa historia en Primeira división

O club coruñés cae en Riazor por 8-0 fronte ao Barça. 

La Liga Barça depor
photo_camera Imaxe: La Liga

O Deportivo sofreu esta cuarta feira na casa unha dura derrota ao caer por oito goles a cero fronte a un Barça desatado que non perdoou. A equipa coruñesa viviu a súa peor derrota nos anos que leva competindo na Primeira división española. A temporada pasada (2014/2015), o Depor tamén recibira oito tantos en Riazor, fronte ao Real Madrid, mais os goles de Medunjanin e Toché  axudaran a paliar o avultado da derrota.

A goleada perante o Barça supera o 0-7 que o Dépor encaixou en 1956, tamén perante o club catalán ou o 7-0 que recibiu en Barcelona polo Espanyol na temporada 1943-44. Para atopar un 8-0 hai que se retrotraer a 1982, cando o Deportivo da Coruña caeu derrotado perante o Málaga, nun partido en Segunda división.

Comentarios