París 2024 | Slálom

EN DIRECTO | O tomiñés Manu Ochoa, fóra das semifinais por penalización

Sigue en 'Nós Diario' o minuto a minuto dos cuartos de final, as semifinais e a final de caiac cross co padexeiro galego Manu Ochoa.
Manuel Ochoa na canle de augas bravas do estadio náutico de Vaires-sur-Marne. (Foto: AFP7 vía Europa Press)
photo_camera Manuel Ochoa na canle de augas bravas do estadio náutico de Vaires-sur-Marne. (Foto: AFP7 vía Europa Press)
 Actualizar
15:58 Eliminado Manu Ochoa, unha decisión un tanto controvertida, pois parecía que pasara correctamente a porta.
15:55

Voou de novo Manu Ochoa! Cruzou a meta como primeiro da súa manga... pero os xuíces están a investigar se saltou a última porta, polo que podería quedar fóra da semifinal.

15:48 Primeiro disputáronse os cuartos de final do caiac cross feminino e agora chega a quenda do masculino, con Manu Ochoa na primeira manga de cuartos.
15:35 Lembramos que nesta modalidade de piragüismo slálom compiten catro padexeiros en diferentes mangas das que os dous primeiros pasan de rolda e os outros dous quedan directamente eliminados. Disputaranse primeiro os cuartos de final (a partir das 15.50h), onde Manu Ochoa terá como rivais o británico Joseph Clarke, o checo Jiri Prskavec e o eslovaco Jakub Grigar. Se queda entre os dous primeiros pasará ás semifinais que tamén se disputarán esta tarde, así como a final.
15:30 Estamos xa na canle de augas bravas do estadio náutico de Vaires-sur-Marne, onde o padexeiro tomiñés Manu Ochoa intentará hoxe rematar con medalla nas roldas decisivas de caiac cross, unha das grandes novidades do programa olímpico de París 2024.
 Actualizar

Comentarios