Un gol de Nolito racha o maleficio do Celta en Xefafe

Os celestes desputaron un partido irregular, resolto polo gaditano no minuto 70 cun gol de cabeza.

Celta Nolito fútbol deporte. Foto LFP
photo_camera Foto: RRCV / LFP

O Celta xa sabe desde este sábado o que é gañar no Coliseum, un campo que se lles resistía. Unha vitoria lograda polos celestes nun partido irregular, no que non abondou o fútbol, mais que amosou que o Celta sabe gañar tamén sen ter necesariamente que despregar un bo xogo. Con este 0-1, o equipo galego dá outro paso firme cara a Europa.

Tardou o Celta en entrar no partido, cun Xetafe que saiu con decisión e ideas claras, e o traveseiro evitando un gol dos madrileños. Aos poucos, o partido equilibrouse. O árbitro perdoou un penalti ao Xetafe, unha man de Juan Rodríguez dentro do área. Á media hora de partido, os madrileños reclamaron tamén un panelti, por unha pelota que Sergi Gómez despexou co corpo.

Na segunda parte ambos equipos tiveron as súas oportunidades. Unha xogada de Iago Aspas e Bondonga a piques estivo de ser o primeiro tanto, sacando a bola Yoda sobre a mesma liña de gol. Tamén o Xetafe tivo as súas oportunidades, asesdiando por momentos a meta celeste.

Mais, no minuto 70, un Nolito que non xogou de inicio cabeceaba ao fondo da rede un saque de Pablo Hernández, logrando o único gol do partido. Un gol que outorga ao Celta a súa segunda vitoria consecutiva, que racha co maleficio dos celestes en Xetafe e que asenta o clube vigués nos postos europeos. Ademáis, e despois de 2 meses, o Celta foi quen de manter a cero a súa portería nun partido de Liga.

FICHA TÉCNICA

Xetafe CF: Guaita, Velázquez, Cala, Lacen, Álvaro, Sarabia, Yoda, Víctor R (Moi Gómez, min.84), Damián (Buendía, min.48), J.Rodríguez (Stefan, min.73) e Wanderson

Celta: Sergio, Hugo Mallo, Cabral, Sergi Gómez, Jonny, Radoja, Pablo Hernández, Iago Aspas (Marcelo Díaz, min.84), Orellana, Bongonda (Wass, min.74) e Guidetti  (Nolito, min.57)

Goles: 0-1, min.70; Nolito

Árbitro: Fernández Borbalán. Cartóns a Velázquez, Yoda, Buendía, Cabral, Iago Aspas, Hugo Mallo

Comentarios