París 2024

Primeiro récord do mundo en París: a surcoreana Lim Sihyeon arrasa na fase previa de tiro con arco

Corea do Sur bate tamén o récord olímpico de equipos.
IMG_20240725_124755
photo_camera Lim Sihyeon posando hoxe coa sua marca. (Foto: World Archery)

Nin 24 horas pasaron para que se batese o primeiro récord do mundo nos Xogos Olímpicos de París. A surcoreana Lim Sihyeon arrasou na fase clasificatoria da proba individual feminina de tiro con arco, rematando cunha puntuación de 694 que supera por dous puntos a anterior marca mundial, que estaba en posesión da súa compatriota Kang Chaeyoung.

A súa brillante actuación, sumada á das súas compañeiras Nam Suhyeon (que fixo marca persoal) e Jeon Hunyoung, deu ao equipo de Corea do Sur outro récord, o olímpico neste caso, con 2.046 puntos.

Comentarios