A sentenza do Tribunal de Xustiza Europeo (TXUE) dita mina que corresponde aos xuíces e xuízas de cada estado membro decidir se aplica un interese diferente nos casos nos que considere abusivo o IREH (Índice de referencia dos empréstitos hipotecarios). De consideralo abusiva, sería nula.
Desta forma, o TXUE dá a razón a consumidores e consumidoras con hipotecas referenciadas ao índice IREH ao sentenciar que deben ser as e os maxistrados quen deben controlar se se comercializaron de forma abusiva, o que permitiría exixir compensar as persoas afectadas cando así sexa.
O Tribunal precisa que, cando se considere que houbo abuso, un xuíz dese estado poderá substituír o IREH por outro índice legal (por exemplo, Euríbor) para protexer a consumidores e consumidoras das consecuencias prexudiciais que podería implicar a anulación do contrato de empréstito.
O IREH é un índice empregado por 1,3 millóns de hipotecas no Estado español miles delas na Galiza, e cuxa legalidade estivo en dúbida desde o inicio.
O Índice calcúlase tendo en conta a media dos empréstitos a tres anos concedidos polos bancos (IRPH dos bancos), segundo a oferta media das caixas de aforro (IRPH de caixas, a máis estendida) e o global de entidades (IRPH do conxunto de entidades).