José Luís Baltar será procesado

Acúsano dun delito de prevaricación continuada pola contratación irregular en 2010 dun cento de familiares e amig@s. 

Baltar nos xulgados
photo_camera Baltar nos xulgados

José Luís Baltar sentará finalmente no banquiño dos acusados. O xulgado de instrución de Ourense vén de ordenar o procesamento do líder popular por suposto delito de prevaricación continuada nos procesos de contratación da Deputación provincial de Ourense durante os seus anos de mandato. 

Após as investigacións desenvolvidas o xuíz solicitou esta sexta feita ao Ministerio fiscal e ás acusacións particulares (PSdeG e Manos limpias) que formulen por escrito a súa acusación. Neste senso, o ex-baron do Partio Popular terá que enfrontar un xuízo oral. 

Tamén así, a Audiencia provincial fallou contra Baltar e continuará adiante coa querela e a investigación a respeito das irregularidades durante os seus anos de mandato á fin, dixo a Audiencia, de "esclarecer  e investigar os feitos e os seus autores". Aliás, continúa o auto publicado esta sexta feira, para verificar se existen ou non responsabilidades penais nos contratos irregulares aprobados desde a Deputación. 

Así pois, o histórico líder popular será procesado por delito de prevaricación continuada debido á contratación de 115 persoas que, a dedo, foron colocadas na institución a cambio de tomaren parte ou apoiaren a candidatura do seu fillo no Congreso provincial do PP de Ourense de 2010. 

Comentarios