Néstor Rego deixa de ser conselleiro delegado de Sermos Galiza

Néstor Rego abandona o cargo de conselleiro delegado de Sermos Galiza, decisión que xa comunicou ao consello de administración da empresa.

O novo secretario xeral da UPG, Néstor Rego puxo o seu cargo de conselleiro delegado a disposición do consello de administración, que se reunirá nos próximos días para, entre outros temas, abordar a súa substitución. Rego comunicou a todas as persoas do órgano de dirección de Sermos Galiza a súa decisión e solicitou ser relevado canto antes por  consideralo o máis conveniente despois de ser elixido para un cargo de carácter político e unipersoal.

Comentarios