Puigdemont volve a Catalunya para a investidura de Salvador Illa |
|
16.05 | A orde de detención non só afecta Jordi Turull, tamén afecta un bombeiro, entre outros. Bombers per a República advertiron de "futuras mobilizacións". "Se nos tocan a un, tócannos a todos! É hora de volver saír á rúa!", avisaron. |
15.45 | O PSC, ERC e os Comúns están en contra de suspender o pleno de investidura de Salvador Illa, tal e como pide o grupo parlamentario de Junts per Catalunya. Os socialistas sinalaron nun pequeno comunicado que están "a favor" de manter o pleno de investidura e que así o trasladaron os representantes da Mesa, que se reúne agora. |
15.40 | A presidenta de Junts, Laura Borràs, reacciona á orde de detención dos Mossos d'Esquadra de Jordi Turull: "¡Basta!". "Alguén está perdendo a razón. Iso é MOI grave! Contigo, Jordi Turull!", engadiu. |
15.35 | Un xulgado de Barcelona emite unha orde de detención contra Jordi Turull pola colaboración na marcha de Carles Puigdemont, así como doutros axentes dos Mossos e dun bombeiro. Así o avanzou Elnacional.cat, que engade que a policía catalá cre que o secretario xeral de Junts (que tampouco sabemos onde está) colaborou en evitar a detención do presidente. |
15.30 | Os Mossos d'Esquadra anunciaron a reactivación do dispositivo de busca de Carles Puigdemont, á vez que confirmaron a detención dun axente pola súa colaboración co ex president. |
15.09 | O grupo parlamentario de Junts presenta unha moción para deter o pleno de investidura de Salvador Illa, ante a orde de detención de Puigdemont e o desenvolvemento dunha operación "desproporcionada". Así mesmo, nunha comparecencia da portavoz da formación, Mònica Sales, denuncia que están sendo detidas persoas que acompañaron Puigdemont na contorna do Parlament esta quinta feira. |
14.11 | Segundo a Cadena Ser, Puigdemont empregou dous coches para evadir o control policial e os Mossos perderon a súa pista. |
13.50 | Os Mossos d'Esquadra desactivan o operativo de busca sen atopar a Carles Puigdemont, segundo a TV3. |
13.47 | A sesión de investidura experimenta un novo receso e continuará a partir das 15.45 horas. |
13.25 | "A Constitución di que a nación é España, única e indivisíbel. A España plurinacional non existe", afirma o deputado o PP. |
13.24 | Despois de case 10 minutos intervindo en castelán, Alejandro Fernández muda ao catalán. |
13.22 | "Asumiron todas as teses do independentismo, e están dispostos a entregar a clave da política española a alguén como Puigdemont", di Alejandro Fernández sobre o PSC. |
13.20 | "Aparentemente é vostede o xenro ideal, o xenro ideal que cha clava cando das as costas", di Alejandro Fernández a Salvador Illa. |
13.17 | Comeza a intervención do portavoz do PP, Alejandro Fernández. |
13.10 | Detido o mosso propietario do coche branco no que presuntamente se marchou Carles Puigdemont das inmediacións do Parlament. |
13.00 | "Só o tempo dirá se a decisión de ERC é boa ou mala", di Jové i Lladó. |
12.55 | "Ningún nacionalista pode negarse a un acordo como este (o asinado co PSC). Ningún nacionalista pode negarse a avanzar en soberanía", defende Jové i Lladó, que lembra a Illa que non ten unha maioría para toda a investidura, senón para cumprir coas promesas. |
12.51 | O deputado de ERC defende os logros do acordo de investidura co PSC. Ademais, Jové i Lladó agradece a participación da militancia na consulta realizada por ERC ("aos que votaron que si e aos que votaron que non") e rexeita que esta teña xerado división na formación: "Os referendos non dividen, a participación democrática fortalece". |
12.44 | Jové i Lladó afirma que a falta de apoio de Junts ao president Pere Aragonès cando había unha maioría independentista explica a nova composición do Parlament. |
12.37 | Josep Maria Jové i Lladó, de ERC, comeza o seu discurso saudando a volta de Puigdemont. |
12.29 | As retencións de tráfico en Catalunya superan os oito quilómetros na AP-7 e na N-II. |
12.14 | Batet expresa o seu desexo de que Puigdemont poida acudir ao Parlament antes de que remate o pleno. |
12.10 | "O futuro da nación está máis en perigo que nunca cun president que predica a necesidade de españolización", reprocha Batet en referencia a Salvador Illa. Ademais, carga contra ERC polo acordo para investilo: "Asumen o marco mental socialista". |
12.05 | O deputado de Junts sinala Salvador Illa: "Foi o primeiro defensor do 155". Batet engade que a súa formación se mantén "fiel aos valores republicanos do 1-O". |
11.50 | Batet condena as cargas policiais nas portas do Parlament contra "unha poboación cívica que se manifesta pola volta do president Puigdemont". |
11.49 | Reanúdase o pleno, toma a palabra Albert Batet, de Junts. Puigdemont non está no Parlament. |
11.44 | Fontes do Tribunal Supremo lembran que os Mossos "saben que teñen unha orde de deter" Puigdemont e poñen de relevo que o xuíz Pablo Llarena deixouno "moi claro" na providencia do 1 de xullo, na que denegou a amnistía para a malversación. |
11.23 | O grupo parlamentario de Junts confirma que, ao non ter sido detido Carles Puigdemont, non pedirá a suspensión do pleno de investidura de Salvado Illa. |
11.07 | A entidade de ultradereita Hazte Oír anuncia que denunciará o ministro español de Interior Fernando Grande-Marlaska, así como o president catalán Pere Aragonès e o xefe dos Mossos, por non deter o ex president Carles Puigdemont. |
11.01 | As manifestantes romperon o cordón policial e accederon ao parque da Ciutadella. Cada vez máis persoas se concentran no parque, a poucos metros do Parlament de Catalunya. |
10.59 | Retencións nas vías de comunicación catalás ante o dispositivo de busca de Puigdemont. |
10.55 | A carga dos Mossos d'Esquadra contra as manifestantes independentistas que tentaron acceder ao parque da Ciutadella deixou persoas afectadas polo gas lacrimóxeno. |
10.44 | Mentres os Mossos buscan o ex presidente Puigdemont, Illa remata o seu discurso inicial de investidura. O pleno suspéndese durante unha hora. |
10.40 | Os Mossos d'Esquadra activaron o 'Pla Gàbia' (Operación Gaiola) en todo o territorio catalán coa intención de deter o ex president da Generalitat Carles Puigdemont. Ninguén sabe onde se atopa. |
10.22 | Os Mossos d'Esquadra cargaron contra asistentes á concentración de recibimento a Carles Puigdemont cando romperon o cordón policial e tentaron acceder ao parque da Ciutadella. Os mossos utilizaron porras e gas pementa para disolver as persoas manifestantes. |
10.16 | Illa reivindica a "transformación" de Catalunya cos Gobernos de Pasqual Maragall e José Montilla. |
10.15 | Salvador Illa aposta por un Estado español plurinacional e unha Europa federal como a mellor opción para Catalunya. |
10.14 | Os ex presidents Artur Mas e Quim Torra, xunto á presidenta de Junts, Laura Borràs, e outros dirixentes de Junts entraron no Parlament. O avogado de Puigdemont, Gonzalo Boye, e o empresario Jami Matalamala, un dos homes de confianza do ex president, tamén entraron no recinto do parc da Ciutadella. Porén, non fica claro cal é paradoiro actual do propio Carles Puigdemont mentres o candidato Salvador Illa pronuncia o seu discurso. |
10.05 | O candidato Salvador Illa comeza o seu discurso de investidura. |
10.04 | Dous deputados de Junts, ningún deles Carles Puigdemont, delegaron o voto na sesión de investidura. |
10.00 | Carles Puigdemont foise, segundo informa 'Catalunya Ràdio', que cita fontes coñecedoras do dispositivo policial. |
9.40 |
Puigdemont disponse a entrar no Parlament de Catalunya. |
9.15 | Puigdemont avanza cara ao Parlament de Catalunya polo paseo de Lluís Companys escoltado pola cidadanía que o acompaña. |
9.05 |
O ex president Carles Puigdemont reapareceu no Arc de Triomf, onde fixo un discurso breve para denunciar a situación excepcional que vive Catalunya a raíz da represión e a rebelión xudicial contra a lei de Amnistía. "Hoxe vin aquí para lembrarlles que aínda estamos aquí", dixo, antes de asegurar que "non temos dereito a renunciar porque o dereito de autodeterminación pertence ao pobo de Catalunya". Puigdemont deu por sentado que será detido tras o acto. "Non sei cando volveremos vernos", afirmou, tras dicir que o independentismo debe facer fronte común e apoiarse nos momentos complicados. "Pensan que o escarnio nos disuadirá. Equivócanse e, no seu erro, arrastrarán unha vez máis a democracia española, aínda que iso lles importa pouco", declarou. Antes de irse ao Parlament de Catalunya, Puigdemont despediuse da multitude ao berro de Viva Catalunya libre. |
9.00 | Ademais de milleiros de persoas, tamén asistiron ás primeiras palabras de Puigdemont á súa chegada a Catalunya representantes de Junts, da Assemblea Nacional Catalá (ANC), de Òmnium Cultural, dos CDR e da Associació de Municipis per a Independència (AMI), así como da CUP e de ERC. |
8.59 | Carles Puigdemont diríxese á cidadanía na avenida de Lluís Companys. |
8.57 | Carles Puigdemont camiña polas rúas de Barcelona entre gritos de independencia. |
8.48 | Voluntarios da organización reparten sombreiros entre as persoas que se manifestan para combater a calor. |
8.40 | Centos de persoas están na avenida de Lluís Companys para asistir ao acto de recibimento do ex president Carles Puigdemont. |
O ex president da Generalitat de Catalunya, Carles Puigdemont, anunciou esta cuarta feira que emprendía a viaxe de regreso a Catalunya, despois de sete anos de exilio. Esta quinta feira ten previsto participar na sesión de investidura de Salvador Illa (PSC), que empezará ás 10 horas. Unha hora antes, ás 9 horas, entidades independentistas e formacións políticas realizarán un acto de recibimento no paseo de Lluís Companys, onde está previsto que apareza o ex president. A convocatoria fíxose pública no mesmo momento en que Puigdemont anunciou que volvía do exilio nun vídeo.
A maior incógnita é, neste momento, que consecuencias terá a volta de Puigdemont a Catalunya. O xuíz Pablo Llarena non aplicou a amnistía, e mantén vixente a orde de detención contra el. Isto implica que a Policía pode deterlle en calquera momento. Non se sabe se Puigdemont poderá chegar á sede do Parlament de Catalunya ou será detido antes. Se logra entrar no Parlament, á Policía seralle máis difícil actuar, porque necesitaría a autorización do president da Cámara, tal e como avanzou o propio Josep Rull.
En directe des de l'Arc de Triomf de Barcelona https://t.co/4v8zHW0gNZ
— krls.eth / Carles Puigdemont (@KRLS) August 8, 2024
En todo caso, a detención de Puigdemont alterará a investidura, porque o president do Parlament, Josep Rull, xa anunciou que suspendería o pleno se ocorrese isto. "Se deteñen o president Puigdemont, non podo aceptar que o pleno se desenvolva con normalidade", dixo Rull nunha entrevista de VilaWeb.
Siga toda a información da xornada, aquí.