ERC prepara unha candidatura cívica face as europeas ''para ocupar o espazo que outros abandonan''

A listaxe con que concorrerán aos comicios do 25 de Maio irá encabezada polo filósofo Josep María Terricabras, a quen Esquerra xa propuxera en novembro de 2013 cando barallaba unha candidatura conxunta canta EH Bildu e a CUP. 

junqueras
photo_camera [Imaxe de arquivo de Junqueras: E.M.]


Após fecharen a porta a unha candidatura unitaria soberanista --promovida por CiU e que debía ir liderada por persoas da sociedade civil--, ERC prepara agora a súa propia candidatura cívica con que concorrer ás eleccións europeas do 25 de Maio. O cabeza de lista xa o teñen decidido. Será o filósofo Josep María Terricabras, o mesmo nome que Esquerra propuxo en novembro de 2013 namentres mantiña aínda negociacións con EH Bildu e a CUP. 

"A nosa prioridade é unha listaxe que represente os valores cívicos tanto como sexa posíbel", resumiu Oriol Junqueras durante a súa intervención no Consell Nacional que ERC realizou esta fin de semana. Para dar forma a tal obxectivo, a formación procura "perfís independentes" e sen carné de partido, subliñando que as alianzas ficarán limitadas ao territorio dos Països Catalans, polo que non haberá tampouco coligación con EH Bildu. 

Junqueras procura candidat@ para o tandem con Terricabras. Segundo sinalou no Consell, gostaría dunha persoa "que nunca foi independentista" mais que está "en tránsito" cara ao soberanismo para alargar as bases da formación máis aló dos sectores que a apoian desde sempre. O presidente de ERC xa lle estendeu a man aos e ás militantes que non están conformes co PSC e coa liña marcada a respeito do dereito a decidir do pobo catalán. Sen facer unha mención explícita, Junqueras dixo que Esquerra ten "a obriga histórica" de "ocupar o espazo que outros abandonan". 

Máis en Països Catalans
Comentarios