Garda Civil patrulla unha vila catalá anotando que casas penduran bandeiras independentistas

A veciñanza de Sant Celoni denunciou nas redes sociais o que considera unha 'provocación' e conseguiu que #GuardiaCivilTincEstelada fose un exemplo diso que se denomina 'viralidade'.

estelada garda civil
photo_camera @MikyMorph

Unha patrulla da Garda Civil entrou na praza da Vila de Sant Celoni. E diante dos veciños que a esas horas (mediodía) se atopaban no punto neurálxico desta vila do Vallés Oriental de 17.000 habitantes, comezaron a sinalar 'ostentosamente' os balcóns e xanelas nos que había penduradas 'esteladas' (bandeira independentista catalá) ao tempo que tomaban notas nunha libreta.

“A sensación que temos é que é un punto de provocación, porque non ten sentido o que fixeron”. Francesc Deulofou relatou a Vilaweb o acontecido. Ese 'paseíllo' de gardas españois tomando notas de casas particulares onde lucían a 'estelada' axiña chegou ás redes sociais, onde se expandiu como o lume.

De feito, e en pouco tempo, informa Vilaweb, o HT #GuardiaCivilTincEstelada (GardaCivilTeñoEstelada) tivo un gran éxito. Centos de usuari@s penduraron fotos das súas casas, negocios, vehículos... coas bandeiras catalás e convertiron o HT en Trending Topic. E mesmo traduciron o HT o inglés para denunciar o acontecido a nivel internacional.

E mesmo houbo quen colgou fotos de axentes da policía alemá con 'estelades'

Máis en Països Catalans
Comentarios