Milleiros reclaman na Diada de Mallorca a autodeterminación dos Països Cataláns

Unha manifestación unitaria que decorreu en Palma incidiu na defensa da soberanía esta segunda, véspera da Diada.

diada
photo_camera @Temesdebalears

'Els Països Catalans decidim: autodeterminació'. Eis o lema tras o cal marcharon esta segunda feira milleiros de mallorquíns convocados pola plataforma 31D, que reúne a partidos, colectivos, entidades... A defensa duns dereitos nacionais “plenos” e do dereito dos Països Cataláns “á lingua, a cultura, o territorio e a autodeterminación” foi o ADN desta marcha que percorreu Palma nesta segunda feira, véspera da Diada de Mallorca.

A Diada deste ano está marcada, como sinalan desde Vilaweb, polos ataques do goberno do PP contra a lingua e cultura catalá, agresións materializadas nun decreto de linguas que marxina o catalán nas escolas e unha lei de símbolos que prohibe exhibir a senyera en edificios públicos. 

Máis en Països Catalans
Comentarios