O 'think tank' da patronal española xustifica unha intervención do exército en Catalunya

O informe deste laboratorio de ideas da CEOE lexitima a detención dos políticos soberanistas e a ilegalización dos partidos que apoien a independencia.

bandeira española e senyera

`La cuestión catalana II. Balanzas fiscales y tratamiento fiscal de Cataluña' é o título do informe elaborado polo Instituto de Estudos Económicos (IEE), 'think tank' da gran patronal española, a CEOE. Este documento inclúe 'Panorámica del argumentario economicista a favor de la independencia de Cataluña: mitos y realidad' do que é responsábel a Clemente Polo, catedrático da Universidade Autónoma de Barcelona, e lexitima a intervención do exército español en Catalunya de proclamar o Parlament a independencia.

O traballo, aliás, presenta un escenario no que se procedería a arrestar a políticos e dirixentes implicados no proceso de independencia e no que se ilegalizaría ás formacións e partidos independentistas. “A secesión de Catalunha non cabe na Constitución, aínda que apoie o 51% ou o 62% dos cidadáns”.

Hiperinflación, fuga de capitais...

O estudo foi presentado en Barcelona por dirixentes da IEE, que vaticinaron o desastre para Catalunya de se independizar: hiperinflación, deslocalizacións, fuga de capitais... Os responsábeis deste laboratorio de ideas da gran patronal española lamentaron que o goberno central estivese 'desaparecido' e non faga fronte o proceso soberanista. Negaron que Catalunya estivese máis marxinada que outros territorios en financiamento e criticaron a 'campaña de marketing persistente e exitosa' que lle fai crer iso os cataláns.

Máis en Països Catalans
Comentarios