A suposta fraude sucedeu en axudas da Unión Europea para construír unha planta de biomasa e cinco obradoiros no Concello de Arnoia, do que foi alcalde. Na mesma causa había outras dez persoas investigadas, para sete das cales xa prescribiran os delitos.
A sentenza conclúe que “non existen indicios de que os investigados tivesen coñecemento da disfunción existente entre a realidade que acreditaban os documentos presentados e as obras realmente executadas”. Os feitos sucederon en 1999 e a primeira denuncia, presentada polo BNG comarcal, que logo se retirou da causa, data de 2006.