Besteiro considera “imposíbel” que a celulosa de Altri sexa financiada con fondos públicos e sinala que o proxecto “non nos gusta”

José Ramon Gómez Besteiro amosou o seu desgusto co proxecto de Altri e dubidou que encaixe nos parámetros ambientais que fixa a Unión Europea.

O portavoz do grupo socialista, José Ramón Gómez Besteiro. (Foto: Europa Press)
photo_camera O portavoz do grupo socialista, José Ramón Gómez Besteiro. (Foto: Europa Press)

O secretario xeral do Partido dos Socialistas de Galicia (PSdeG), José Ramón Gómez Besteiro, sinalou este domingo que “non nos gusta” aos socialistas o proxecto de celulosa promovida pola multinacional portuguesa Altri en Palas de Rei, na comarca da Ulloa.

O dirixente socialista, nunha entrevista concedida á Cadea Ser, incidiu que o proxecto “non nos gustaba ao PSdeG” e destacou que “non coincide co anunciado nun principio”, “nin no número de empregos”, “nin na produción”.

"Nin pola sustentabilidade social, nin polo valor de innovación", coincide co proxecto que anunciaron desde a Xunta, aseverou Gómez Besteiro, quen criticou  "os vaivéns" da iniciativa e a axuda reclamada por Altri por ser “inédita”

O responsábel do PSdeG cuestionou “a sustentabilidade económica do proxecto”. Neste sentido, lembrou que os seus promotores afirmaron “en xullo que sen subvención non hai proxecto” e reclamaron  que se lles financiara con fondos públicos “o 25% do investimento”.

Gómez Besteiro asegurou que dúbida que o proxecto cumpra cos criterios ambientais da Unión Europea, o que lle impediría acceder as axudas públicas procedentes dos fondos Next Generation.

Sen dereito a xudas públicas

A min paréceme que a solución de financiamento público vai a ser imposíbel”, apuntou Gómez Besteiro, quen considerou que a iniciativa non se axusta aos “parámetros de descarbonización, innovación e das axudas europeas".

O secretario dos socialistas galegos explicou que “o proxecto non encaixa” nos criterios do Next Generation e indicou que “tal e como eu vexo” non podería recibir axudas dos fondos do Perte da descarbonización.       

Comentarios