A escalada de contaxios continúa sen control: 2.518 novas infectadas en só 24 horas

Esta quinta feira falábase de que a Galiza superou todos os récords da pandemia en canto ao número de contaxios nunha xornada. Detectáranse 2.263 casos novos. Esta sexta feira as autoridades sanitarias fornecen datos cos que se amosa que o último balance de persoas infectadas é aínda peor: hai máis de 2.500 polo que os casos activos superan neste momento os 20.200.
Familias agardan a vacinación das crianzas, nunha imaxe de hai uns días en Compostela. (Foto: Álvaro Ballesteros / Europa Press)
photo_camera Familias agardan a vacinación das crianzas, nunha imaxe de hai uns días en Compostela. (Foto: Álvaro Ballesteros / Europa Press)
Comentarios