A falta de profesorado de reforzo obriga a cancelar exames nas escolas de idiomas

A negativa da Xunta a enviar profesorado de reforzo ás Escolas Oficiais de Idiomas (EOI) para realizar os exames previstos nestas semanas nas novas condicións de distanciamento que impón a Covid-19 obrigou nas últimas horas a maioría dos centros galegos a suspender as probas de certificación do alumnado matriculado en modalidade libre en varios niveis de galego e inglés.
EOI Compostela
photo_camera A EOI de Compostela ten adiadas as probas libres de certificación dos niveis B2 e C1 de galego e B1, B2 e C1 de inglés.
Comentarios