O cadro de persoal dos diferentes centros públicos denuncia a situación e considéraa consecuencia, sobre todo, das políticas de retalladas e austeridade que os gobernos de Feijóo aplican con constancia desde 2009. Doentes amoreados nos corredores, horas e horas de espera ate a primeira revisión médica e quendas de traballo pouco razoábeis son os principais motivoas de protesta dos empregados e empregadas do Sergas.
Para Feijóo, porén, afirmou que o persoal traballou ao “100%” e mesmo houbo reforzos. Puxo o ramo á súa opinión cun argumento usual do seu repertorio, ao recomendar a poboación e pacientes a facer un “uso responsábel” das urxencias. Tamén situou o colpaso das mesmas no ronsel das vagas de gripe do inverno.