Por volta de 60 persoas contaxiadas de coronavirus no barrio lucense de Paradai, unha cifra que podería seguir a aumentar nos vindeiros días. Un dos principais focos activos agora na Galiza tería a súa orixe centro de ensino de infantil e primaria e que estarían relacionados coa cepa británica. O número de alumnado positivo é de 40.
Nas primeiras PCR realizadas no centro de ensino detectáronse 10 contaxiados, polo que se optou por un cribado e aí detectáronse novos contaxios.
O pasado 11 deste mes desde Sanidade indicaban que 50% dos virus secuenciados polo Servizo Galego de Saúde (Sergas) proceden da cepa británica.
Nós Diario, nunha información publicada o día 4 de febreiro, puña de manifesto que a variante procedente do Reino Unido estaba xa consolidada na Galiza e que a transmisión era a esas alturas comunitarias.