Opinión

Volveu a néboa

Volveu a néboa a Galicia e a nivel estatal avecíñase unha DINA. Pouco ou nada ten que ver o parte meteorolóxico coa realidade política, ata que coinciden. Canda as nubes, unha carta do presidente do Goberno metendo o poder xudicial no taboleiro político, ou un xuíz a influír no curso das eleccións europeas. Moitas interpretacións, poucas certezas e un debate servido.

O problema de irromper nas europeas é a densa brétema que se espalla sobre os comicios e o que os seus representantes tratan, ou deberían estar tratando. Nun mitin en Vigo, o titular para a candidata Teresa Ribera non foi Bruxelas, moito menos Galicia, senón Pedro Sánchez. Nun clima de inestabilidade económica e internacional e a ameaza real dunha extrema dereita aínda máis inflada en Europa, non semella a mellor das estratexias. Chámenme agoireira, e oxalá non estea no certo. Ata Pemán se ten equivocado.

Comentarios