Opinión

Von der Carballeira

"Non todo é o que parece", cantaban Aerolíneas Federales no tema que popularizou o Xabarín. A letra continúa a dar moito xogo, mesmo para explicar, se nos poñemos, a complexidade da política europea. A romaría do PP no Pino coa presenza da presidenta da Comisión Europea deixou imaxes que para algúns resultaron sorprendentes. Afeitas como estabamos ás ducias de fotos nas que fitaba a Pedro Sánchez cuns ollos obxecto de toda interpretación, batemos de súpeto co sorriso dunha presidenta encantada, espeto de polbo na man, nunha carballeira popular en todos os sentidos.

Apoio unívoco a Montserrat, Feijóo e Rueda polo prezo dunha ración. Bo momento para lembrar a corrente á que pertence a mesma que correu darlle a man a Netanyahu en outubro. Cos pés na terra, os amores políticos de Von der Leyen enténdese mellor a ritmo de Aerolíneas Federales que cunha fantasía de Peli de Tarde.

Comentarios