Opinión

A nova Nakba

[Alberte Mera] 

O desastre, a catástrofe, a 'Nakba' coa que denominan en Palestina o éxodo e guerra producidos desde a instauración Estado de Israel sobre as terras palestinas volveu onte ao presente, con motivo do seu 76 aniversario. Un presente que vai alén dese 15 de maio porque dolorosamente corre o sangue de persoas palestinas de todas idades cada día a causa das armas do Exército israelí e o bloqueo ao que someten a Faixa provocando a fame e o exterminio pola falta de subministracións de produtos de primeira necesidade.

Desde o Parlamento da Galiza, con deputadas e deputados nacionalistas co pano palestino, desde a sociedade civil en Compostela, Vigo, A Coruña ou A Pobra do Brollón, Galiza amosou de novo onte solidariedade coa poboación palestina. Israel atacou precisamente neste día de lembranza da 'Nakba' o campo de refuxiadas de Yebalia, no norte da Faixa de Gaza, nunha guerra que suma xa 35.200 mortes desde a invasión retomada o 7 de abril, denuncia o Ministerio de Sanidade da Faixa.

Nestes días vemos un Estado de Israel que non só desafía a ONU cando esta lle recrimina os actos inhumanos que comete, senón que ademais asistimos á performance do embaixador israelí Gilad Erdan que triturou a carta de Nacións Unidas ensinando ao mundo que é o que pensa Israel dos dereitos humanos, que non é outra cousa que tiralos á trituradora da historia.

Comentarios