Opinión

Altri quere máis eucalipto

[Xoán Costa]

Hai algo máis dun ano presentouse un traballo realizado pola UVigo e pola USC titulado Inventario Forestal Continuo de Galiza. A pretensión deste informe é “permitir ao sector forestal de Galicia e á sociedade galega coñecer a distribución e caracterización das masas forestais de Galicia, e a dispoñibilidade dos recursos e servizos que provén os bosques galegos”. Cos datos aportados sabemos que 367.472 hectáreas están plantadas a eucalipto, cifra que a propia Xunta -que paga o informe- considera superior e fala de 409.000.

Sexan unhas as cifras reais ou sexan outras, Altri quere, ademais de millóns de euros de axudas públicas para se instalar en Palas de Rei, máis madeira. Como conseguila? Plantando terreos do interior da Galiza -na costa xa non hai espazo- actualmente dedicados e outros cultivos e coa variante nitens, máis resistente ao frío e de crecemento aínda máis rápido. Segundo algúns estudos un 55% dos propietarios forestais non ten perspectiva de relevo xeracional na xestión das súas parcelas de monte presentándose o aluguer desas parcelas como opción clara para evitar o abandono do monte. Xa o está facendo Ence. E farao Altri. En 2025 hai que revisar a moratoria na plantación de eucalipto estabelecida en 2021. Farase priorizando as demandas da industria ou os intereses da Galiza? Pergunto.

Comentarios