Opinión

Sermos241: O agravio dos orzamentos do Estado

Os Orzamentos Xerais do Estado para 2017 son os do agravio, pois inclúen un tesoirazo de 442 millóns de euros menos para Galiza a respeito dos do ano anterior.

Os Orzamentos Xerais do Estado para 2017 son os do agravio, pois inclúen un tesoirazo de 442 millóns de euros menos para Galiza a respeito dos do ano anterior. Así, mentres en 2016 o investimento programado era de 1.363 millóns, este ano cae até os 924,6 millóns, unha queda do 32%. Os peores orzamentos xerais para o noso país desde 2004 poñen de manifesto dúas cuestións: o escaso peso político de Feijóo, malia o gran resultado eleitoral acadado en setembro, e a necesidade de contar no Congreso cunha forza que defenda os nosos intereses e, en consecuencia, o investimento para o país. A outra lectura ten a ver co destino dese diñeiro: 51 de cada 100 euros van destinados ás interminábeis obras da Alta Velocidade, unha infraestrutura que ten que se complementar necesariamente cunha rede de proximidade que contribúa a vertebrar, a través dos camiños de ferro, o país.

sermos241

As previsións das contas xerais chegaron un día após Soraya Sáenz de Santamaría anunciar que Galiza recibirá 247 millóns “adicionais” no sistema de financiamento para costear servizos públicos. Unha esmola ridícula de a comparar cos 3.500 millóns que recibiriamos de optarmos polo modelo do concerto económico. Un modelo que permitiría blindar os servizos públicos e sociais e que redundaría nun maior benestar.

Comentarios