Opinión

De nacionalismo supremacista a nacionalismo liberador

Como é posíbel que o sionismo pase de ser defensor das vítimas do Holocausto a masacrar ós refuxiados sen piedade? De vítimas a verdugos bombardeando as tendas dos refuxiados con eles dentro, mulleres, nenos e nenas, anciás. Que ética relixiosa ou laica xustifica o xenocidio do pobo palestino?

Como xustificar a deshumanización, a destrución militar contra un pobo desarmado ao que non se lle recoñece o dereito a defenderse frente ao seu exterminio. Occidente non recoñece o dereito á resistencia do pobo palestino. Apoia o nacionalismo supremacista, colonizador, dos sionistas israelís. Non podemos participar do silencio e da censura sobre o exterminio en masa do pobo palestino.

Realizáronse a eleccións europeas e poderiamos dicir como Castelao en 1935 "a realidade actual da noxo". O voto maioritario foi para o PP, para o partido que se dirixe ao pobo galego coa advertencia de que hai que ter "sentidiño". O sentidiño do colonizado, do 'si, bwana', do 'si, señor'. Voto que, segundo eles, lexitímaos para entregar o país ao capitalismo depredador. Mais, o pobo galego ten unha esperanza, un movemento político que reivindica democraticamente o dereito a gobernar a súa terra. Un movemento político que dá confianza á forza do pobo. Do pobo concienciado nas loitas de quen vive e sente a terra e o mar como bens da sociedade, bens comúns a defender do roubo e da espoliación. Cada día son máis as protestas cidadás encabezadas polas xentes que toman conciencia dos bens comúns. Necesitamos que as conciencias esperten diante do espolio colonial da nosa terra.

Recibimos como un triunfo desta loita permanente polo "ser", polo espertar da conciencia da súa personalidade e capacidade, a elección novamente de Ana Miranda como a voz do pobo galego en Europa.

Castelao  xa dicía "a realidade actual da noxo, pero non podemos fuxir dela por escrúpulos inuteis, pois para modelar un pobo de barro é forzoso luxar as mans" […] "Porque aquel que non teña fe absoluta nas virtudes, en potencia, do noso pobo non ten dereito a galvanizalo con promesas eleitoreiras e transitorias".

"Nós temos fe no noso pobo e moi logo o noso pobo terá fe en nós", Castelao, Sempre en Galiza, 1935.

Comentarios