Estou convencido de que o Lugo vaise salvar, vai facer un bo partido e disfrutaremos, unha vez máis, no Anxo Carro. Mais como en Lugo temos ben arraigado o fatalismo, saín onte a comprar unha calculadora e estaban esgotadas.
As contas que nos levarían pro Burato son as seguintes: nós perdemos e o resto gañan ou a Ponferradina empata (asumindo que o fan o Jaén ou o Alavés que xogan entre eles). Tendo en conta que o resto dos partidos dos nosos rivais directos son fóra da casa e contra equipos que se xogan a súa clasificación para a promoción de ascenso xa sería coincidencia pero.... vamos coas combinacións.
Empate a puntos co Alavés /Girona
Triple empate con:
Girona e Alavés /Jaén
Girona e Mallorca
Cuádruple empate con:
Girona, Alavés e Ponferradina
Girona, Alavés e Mallorca
Girona, Mallorca e Jaén
Conclusión:
Hai que centrarse no partido para non tolear coas contas.