Opinión

O predominio da ignorancia

A ignorancia é cada vez máis teimuda en pecharse en perturbadores fundamentalismos. A ignorancia e a usura dos tempos actuais que corroen a minimizar a dignidade que lles resta aos humildes. Así que a crueldade máis nociva dos retrocesos que o desorde actual puntualiza contra calquera matiz expresivo de liberdade. A desmedida do que se descoñece é un dos predominios que asisten aos que aceptan a dependencia da solemnidade da pobreza. Un factor sen causa do que se asume e reproduce nesa linguaxe e neses símbolos que nos reclúen en alienados abismos. O problema radica en non terxiversar o realismo despótico, senón aceptar o enmascaramento das atrocidades que serven para reducirnos a un estado de histerismo de grupo. A ignorancia e a maior traxedia que recae nos que soportan as intransixentes anomalías que non intentamos corrixir e menos aniquilar pausadamente con todas as enerxías en vilo. No contexto político, social e económico.

Velaquí o trío que inculca e protexe a ignorancia como baluarte dun conformismo e de protexer a indiferencia fronte os problemas cotiáns. Así é como moitos mastigan lixo e coidan que ten sabor a dignidade que proporcionan os que ostentan poderes de opresión. A ignorancia dos simples, dos que saborean o marmelo putrefacto dos insubornábeis dominadores deste mundo, coidan que é un enorme agasallo e unha excelente actitude dos que alborozan o predominio da ignorancia.

Comentarios